www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Un axente sobe ao capó dun vehículo que ía en sentido contrario pola AP-9 para detelo
 
 Enviada o 24/01/2011 na categoría: Novas
O suceso ocorreu onte pola tarde á altura de Caldas de Reis e o condutor deu positivo por alcoholemia. Por outra banda, dous mozos foron imputados por facer carreiras de coches en Oza dos Ríos.


A Garda Civil de Tráfico interceptou ás oito e media da tarde de onte a un coche que circulaba en sentido contrario pola AP-9 en Caldas de Reis. O vehículo, conducido por J.B.A. de 68 anos, foi interceptado circulando en dirección cara a Santiago polo carril en dirección a Vigo despois de percorrer uns cinco quilómetros. O condutor desobedeceu as ordes de parada que se lle fixeron e obrigou a un dos axentes a subirse ao capó do vehículo mentres este aínda estaba en marcha para obrigalo a deterse. O coche xa causara dous accidentes con danos materiais.

O condutor arroxou unha taxa positiva no proba de alcoholemia á que se lle someteu tras a súa detención.

Un dos axentes que participou na detención sufriu lesións que requiriron asistencia nun centro hospitalario segundo informa a Garda Civil de Tráfico de Pontevedra.

CARREIRAS DE COCHES EN OZA

Por outra banda, a Garda Civil de Tráfico imputou a dous mozos, duns vinte anos, veciños de Oza dos Ríos, como presuntos autores de senllos delitos contra a seguridade viaria ao conducir de forma temeraria pondo en perigo a vida doutros usuarios. Ao parecer, os detidos circulaban nos seus respectivos turismos facendo competicións de velocidade pola estrada AC-840, ao seu paso polo termo de Betanzos.

Como consecuencia da citada condución, produciuse un accidente no que chocaron outros dous vehículos que nada tiñan que ver cos imputados. Precisamente, un dos turismos accidentados realizou unha manobra evasiva para non chocar contra os competidores, pero non puido evitar o impacto con outro vehículo que viña en sentido contrario, tamén alleo á competición. Afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais segundo informa a Garda Civil de Tráfico.

Fuente: http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/01/24/00031295851091958903485.htm


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Páxina oficial de Riveira

Páxina oficial do Concello de Riveira
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.