www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Cae o número de cursos de certificacións de galego
 
 Enviada o 21/01/2011 na categoría: Novas
"De que hipócrita liberdade lingüística presume o presidente da Xunta se nin tan sequera garante prazas para quen quere aprender galego?”, pregúntase a Mesa pola Normalización.



Esta semana, a Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou a convocatoria de cursos CELGA, os necesarios para certificar o nivel de coñecemento de lingua galega. Segundo a Mesa pola Normalización son 45 menos que o ano pasado (de 185 pásase a 140).

A Mesa considera que se trata dunha cantidade “moi insuficiente, que non garante a demanda que existe na sociedade”, polo que deixará a moitas persoas “sen a formación en galego que queren conseguir”.

“O mínimo que se lle pode exixir a unha política lingüística seria e responsábel é que haxa cursos para aprender ou mellorar o galego para aquelas persoas que queiran, mais nin iso garante o goberno de Alberto Núñez Feijóo. De que hipócrita liberdade lingüística presume o presidente da Xunta se nin tan sequera garante prazas para quen quere aprender galego?”, observa Carlos Callón.

A Mesa critica tamén que se reduza a unha única convocatoria anual a posibilidade de conseguir o CELGA, o cal “lle pode provocar un prexuízo irremediábel a quen o precisar para un proceso selectivo, concurso de traslados etc”. A maior asociación cultural de Galiza non dubida en atribuír tal decisión a un “obxectivo consciente de fomentar un clima social contrario ao galego”, o cal cualifica de “incívico e irresponsábel”.

Esta convocatoria anual será en xuño, mentres que nos anos anteriores había probas en maio e en novembro. Quen suspender agora, terá que agardar un ano enteiro para se poder presentar de novo.

Carlos Callón lembra tamén que a Secretaría Xeral de Política Lingüística, dirixida polo polémico Anxo Lorenzo, non garante que os cursos que se vaian solicitar se chegen a realizar.

Fuente: http://www.galiciaconfidencial.com/nova/6997.html


Entradas relacionadas:
 

Páxina oficial de Rianxo

Páxina web oficial de Rianxo
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.