www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Fútbol galego, fútbol en galego
 
 Enviada o 19/01/2011 na categoría: Novas
Non ha ser moi complicado, pero xa vai sendo hora de que os nosos equipos empecen a usaren o galego nas súas comunicacións.

É abraiante vermos como o Dépor ou o Celta ignoran totalmente a lingua de Galiza. Talmente como se foran equipos alleos, extraños á nosa terra.
A idea é irmos creando un grupo ou unha masa crítica abonda para facer algúnha acción reivindicativa.
De momento, infórmovos que no Facebook existe xa un grupo denominado por Un Dépor en Galego, agora somos 577, pero se acadasemos un número algo maior poderíamos empezar a facer cousas, actos públicos, roldas de prensa e outras accións que se vos ocorran.
Empecemos por sumar, despois podemos estudar de que maneira empezamos a presionar e a reivincidar o uso do galego nos equipos de Galiza.
Cales son as necesidades
De momento ir conseguindo unha masa crítica, un número de xente disposto a mobilizarse e despois xa se estudarán as estratexias.
Cales son os obxectivos
Os primeiros pasos a darmos para lanzar e por a andar esta idea serían

1. Que, co texto adxunto (que se pode descargar en "Arquivos con información adicional"), alguén deseñe un folleto informativo da campaña.
2. Conseguir xente que o imprima e o reparta no estadio. Máis adiante, se a idea ten éxito, buscaríanse fondos para imprimilos máis masivamente.
3. Facer o reparto.
4. Voluntarios que contacten coas peñas para informar e difundir a idea.
5. Atopar o máximo de xente interesada que se adhira a un grupo que xa hai creado en Facebook a este efecto, para aportar suxerencias, facer comentarios...

Se a idea prospera, máis adiante buscarase facer algún acto público, tipo rolda de prensa, para dala a coñecer ao máximo de xente posible, tendo establecido contactos con peñas, figuras destacadas do deportivismo...
O básico: cando, onde, para quen...
Vai dirixido a todo o público.
Cal é o prazo de execución
Na segunda volta da Liga.
A miña propia contribución
Capacidade organización e coordinación.

Fuente: http://galegolab.org/proxecto-aberto/futbol-galego-futbol-en-galego-1/


Entradas relacionadas:
 

Asociación "O Cabo" Corrubedo

Web da Asociación "O Cabo" de Corrubedo
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.