www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



pouca insuBmisión GALIZA QUINTA EN SANCIÓNS POLA LEI ANTITABACO
 
 Enviada o 15/01/2011 na categoría: Novas
Facua rexistrou 32 denuncias nos dous primeiros días da entrada en vigor da norma


Facua presentou onte as primeiras denuncias aos galegos pola lei antitabaco, que foron 32 durante os dous primeiros días da entrada en vigor da nova lei. Foron presentadas por 35 usuarios, correspondendo 23 delas a establecemen­tos de hostalería, 5 a cen­tros sanitarios, 3 a centros de traballo e 1 á sede dun organismo público.

Unha cifra a primeira vista bastante discreta e que, con todo, sitúana como a quinta autonomía, só por detrás de Madrid, con 117; Andalucía, 111; Cataluña, 107, e Comunidade Valencia­na, con 52 denuncias.

Non todos están de acordo coa lei. Un grupo de fumadores da Coruña concentrouse onte na céntrica praza de María Pita para resaltar o "valor social" do tabaco na súa loita contra a nova lei que catalogaron de "ditatorial e sectaria". Non obstante, a "concentración-cigarrón" na Coruña só logrou reunir cinco persoas para criticar a lei antitabaco que prohibe fumar no interior dos espazos públicos pechados.

Malia a escaseza da convocatoria, un dos seus voceiros, Francisco García, expresou ante os medios de comunicación a súa reclamación de que se recoñezan as "peculiaridades" de España e non se compare con outros países como Chipre, Reino Unido ou Irlanda.

"O tabaco é un costume social do noso país", indicou García. Cando lle preguntaron polos prexuízos que pode provocar o tabaco nos fumadores pasivos, Francisco García indicou que é "mentira" que o 70 por cento das persoas non fumen, ao tempo que declarou que a estatística é a "arte matemática de mentir". Así mesmo, García recalcou que as persoas teñen dereito a consumir os produtos que compran "no lugar no que os compran" e, polo tanto, ao seu entender, tamén poden fumar mentres toman un café". En canto aos prexuízos que pode orixinar o tabaco, García, que recoñeceu ser médico, indicou que o tabaco "é malo", pero apuntou a outros factores como os xenéticos ou os familiares para explicar a súa incidencia nalgunhas mortes. "Carrillo leva toda a vida fumando e está como unha leituga", declarou García.


O DATO

Xa se producen danos no ADN minutos despois da inhalación

O fume dos cigarros comeza a producir danos xenéticos nos seguintes minutos, e non anos, á inhalación nos pulmóns, segundo un estudo da Universidade de Minnesota en Estados Unidos que se publica na revista Chemical Research in Toxicology. O estudo é o primeiro en detallar a forma na que certas substancias do tabaco causan danos no ADN vinculados ó cancro.

Os científicos, dirixidos por Stephen S. Hecht, apuntan que o cancro de pulmón é o responsábel da desaparición diaria de 3.000 vidas en todo o mundo, en gran medida como resultado do tabaquismo, que se vincula con polo menos 18 tipos de cancro. A evidencia indica que as substancias daniñas do fume de tabaco, denominadas hidrocarburos aromáticos policíclicos (HAP), están entre os principais culpables do cancro de pulmón. Con todo, ata agora os científicos non determinaran a forma na que os HAP do fume de tabaco causan os danos no ADN humano. Os científicos engadíronlles un HAP marcado, o fenantreno, a cigarros e seguiron o seu percorrido en 12 voluntarios que fumaban. Descubriron que o fenantreno forma rapidamente unha substancia tóxica no sangue coñecido por arrasar o ADN, causando mutacións que poden causar cancro.


VIGO ABARATA A TAXA DAS TERRAZAS

O Concello de Vigo rebaixará nun 70 por cento as taxas que deberán pagar os establecementos de hostalería en concepto de instalación de terrazas na vía pública ante o aumento da demanda deste tipo de instalacións tras a aplicación da nova lei antitabaco. Con esta medida, segundo explicou o alcalde vigués, Abel Caballero, o consistorio pretende "cooperar" cos empresarios da hostalería, de modo que a partir de agora pagarase a 35 euros o metro cadrado ocupado polas terrazas fronte aos 106 que custaba.

Fuente: http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-sociedade/gh/galiza-quinta-sancions-pola-lei-antitabaco/idEdicion-2011-01-15/idNoticia-630032/


Entradas relacionadas:
 

Parque Natural de Corrubedo

Web do Parque Natural de Corrubedo. Subvencionada Consellería de Medio Ambiente. XUNTA DE GALICIA
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.