www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



CONVOCATORIA DE FOLGA XERAL REXISTRADA
 
 Enviada o 15/01/2011 na categoría: Novas
A CIG chama a protestar como "único modo" de deter as reformas estatais


O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, rexistrou onte a convocatoria de folga xeral para o 27 de xaneiro -á que chama en solitario- e animou os traballadores a secundar este paro como "única posibilidade" de parar as reformas do Goberno central e as "medidas tan duras de recorte de pensións públicas".

Seixo indicou que a convocatoria tamén se lle fará chegar á Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e á Delegación do Goberno na comunidade. "Esperabamos que CC.OO e UXT se sumasen e que puxesen unha data mesmo en febreiro e estabamos dispostos a valorar o atraso da nosa convocatoria para intentar que houbese a maior resposta posible", dixo.

O responsable da CIG criticou que, pola contra, os dous sindicatos "entraron de novo nunha dinámica xa coñecida" de "intentar xerar na opinión pública as expectativas" de que están en mesas de negociación das que "se"pode sacar algo substancioso para os intereses da clase traballadora". Esta "dinámica", dixo, foi a seguida o verán pasado coa reforma laboral e iso levou a que a protesta se producise despois de que o Congreso aprobase as medidas.

CC.OO, UXT e o Executivo estatal desenvolven "a política de dar a entender que se está a negociar algo", co fin, ao seu xuízo, de "intentar xerar desmobilización nun momento en que a mobilización é fundamental".

Ademais, censurou que para xustificar a reforma das pensións "se usa a mentira e a manipulación", pois se usan informes as previsións dos cales "nunca se cumpriron, co que se demostra a falta de rigor". "E unha reforma que só lle interesa á banca e de aí as presas que teñen, porque a banca necesita liquidez", resolveu.

Ademais, indicou que o Goberno non invitou a CIG para participar nas negociacións que se están a desenvolver. "E habitual que só convoque a CC.OO e UGT", reprochou e considerouno "unha discriminación". Así mesmo, dixo que trasladou ao ministro de Traballo o seu desacordo con este proceder.


A RESPOSTA

Mato avoga por negociar máis

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, considerou que unha folga xeral "non é a solución" aos problemas que padece Galicia e avogou por levar a cabo unha fórmula de "máis" negociación

Fuente: http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/convocatoria-folga-xeral-rexistrada/idEdicion-2011-01-15/idNoticia-630004/


Entradas relacionadas:
 

Asociación "O Cabo" Corrubedo

Web da Asociación "O Cabo" de Corrubedo
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.