www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



O BNG PROPÓN QUITA-LA PENSIÓN A AZNAR E A GONZALEZ.
 
 Enviada o 15/01/2011 na categoría: Novas
Os dous ex-presidentes seguen a cobrar dos fondos públicos malia que recentemente foron fichados por dúas grandes corporacións a cambio dunhas enormes cantidades.


O portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, rexistrou unha proposición non de lei na Cámara para instar ao Goberno a revisar a vixente normativa sobre conflito de intereses dos membros do Goberno e altos cargos da Administración pública, e endurecer así o réxime de incompatibilidades.

O Bloque quere máis incompatibilidades

Neste sentido, demanda ao Goberno unha aplicación máis rigorosa da incompatibilidade de desempeñar actividades privadas remuneradas con posterioridade ao periodo de exercicio do cargo público, “ampliando os periodos de limitación vixentes desde que se produciu o cese”.

Tamén pede Jorquera que se amplíen as situacións legais nas que existe incompatibilidade ou conflito de intereses a “aqueles supostos nos que se realizan asesorías ou consultorías especiais aos órgaos de direción e administración, ou se participe como memnro ou asesor especial neses órgaos, de empresas privadas cuxa actividade está relacionada co ámbito de competencias exercido desde o ámbito público”.

Os ex-presidentes non deberían cobrar se reciben cartos da privada

Nun terceiro punto, o deputado do BNG require que se modifique o estatus regulamentario dos “ex presidentes de Goberno exixindo a renuncia ás prerrogativas consignadas na actualidade –salvo as vinculadas a garantir a súa seguridade- en caso de que exerzan actividades remuneradas por conta de empresas privadas”.

Cómpre lembrar que o ex-presidente socialista Felipe González fichou pola corporación enerxética Gas Natural. Recibirá por esta labor case 127.000 euros, a mesma cantidade que o seu ex-ministro Narcís Serra.

Outro tanto lle pasa a Aznar, que incorporarase como asesor de Endesa para Latinoamérica. O ex-líder conservador sumará case 200.000 euros ao ano por este traballo.

Fuente: http://www.galiciaconfidencial.com/nova/6941.html


Entradas relacionadas:
 

INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.