www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



A cuestión non e “se Galicia é ou non un verso” no Estatuto, di Feijóo
 
 Enviada o 13/01/2011 na categoría: Novas
O titular da Xunta sitúa o “problema autonómico” galego no Estado e non 
na reforma estatutaria


Achegas estatutarias

O mecanismo da reforma estatutaria seguirá inmóbil, cando menos polo momento. A apenas un mes de que expire o prazo autoimposto polo presidente da Xunta para iniciar contactos cos líderes de PSdeG e BNG co obxectivo de sondear o “clima” de cara a retomar a elaboración do novo Estatuto, Alberto Núñez Feijóo enviou metaforicamente ao caixón a proposta de novo texto que os propios socialistas rexistraron no Parlamento o pasado luns e, como en materia económica, situou o obxectivo do seu discurso no Goberno de España.

Despois de que os socialistas recuperasen a fórmula “nazón de Breogán” –que, tomando como referencia o himno, xa propuxera Emilio Pérez Touriño dende o Goberno– como vía para o “consenso”, o titular do Executivo botou man onte do que vén sendo un dos argumentos recorrentes do PPdeG neste debate, para mostrarse convencido de que a “denominación” do país non está entre as “preocupacións” da cidadanía no momento actual.

Neste sentido, o presidente cuestiona que os galegos “estean pensando” en se “Galicia é ou non un verso” xa que, asegura, “é unha realidade que vai máis alá de condicionantes apriorísticos”, factor no que, na súa opinión, se apoia a proposta formulada polos socialistas. Do mesmo xeito, e como xa fixera anteriormente, Feijóo pecha a porta a aproveitar todas as posibilidades que deixou abertas a sentenza sobre o Estatut de Cataluña: “O modelo catalán non é o galego”, advirte.

Fronte ao emprazamento formal á reforma realizado por Manuel Pachi Vázquez –o BNG instara semanas antes, nun acto político, a necesidade de reiniciar o proceso–, Feijóo coida que a reforma, pola súa “importancia”, non pode ser materia de debates que “dividan ao país”, aínda que, na súa opinión, “o problema autonómico de Galicia non é o Estatuto”, senón “o Goberno central”.

Feijóo asenta a súa diagnose na circunstancia de que, dende o seu punto de vista, o Executivo de José Luis Rodríguez Zapatero emprega “unha dobre vara de medir” á hora de darlle luz verde a novas transferencias de competencias ás autonomías xa que, mentres lle “nega” novos traspasos a Galicia, asegura, apoia operacións “inconstitucionais” noutros territorios do Estado, en referencia ao Estatut catalán.

Se o presidente opta por frear en seco as aspiracións socialistas no que aos prazos da reforma se refiren –os de Pachi Vázquez aseguran que se non se enceta xa o proceso non será posible rematalo na actual lexislatura– Feijóo opta por algo semellante no que atinxe á proposta do PSdeG no que se refire a unha das cuestións que contribuíu a facer naufragar a reforma en 2007, como é a definición de Galicia.

Fuente: http://www.xornal.com/artigo/2010/10/02/politica/feijoo-di-cuestion-non-galicia-non-verso-no-estatuto/2010100123250501958.html


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

GALIWEB

Web de publicidade que incluye web`s galegas.
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.