www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



A discriminación tamén é cuestión de linguas
 
 Enviada o 13/01/2011 na categoría: Novas
Os nacionalistas piden que este tipo de exclusión entre na Ley de Igualdad de Trato

O PSOE ve un "artificio" na lei de convivencia escolar para ocultar as enquisas sobre a lingua

Por razón de nacemento, raza, sexo, convicción, discapacidade, idade, relixión, identidade sexual ou enfermidade. A Ley de Igualdad de Trato que prepara o Goberno central, e cuxo anteproxecto foi aprobado no Consello de Ministros do pasado venres contempla a defensa contra múltiples formas de discriminación pero esquece, polo menos, unha: a discriminación lingüística que sofren no Estado os cidadáns que falan en linguas oficiais distintas á española, nomeadamente o catalán, o galego ou o éuscaro. Os partidos nacionalistas no Congreso CIU, PNV, ERC e BNG queren advertir a ministra de Sanidade, Leire Pajín, desta eiva, polo que xa solicitaron unha reunión que esperan que poda producirse a semana que vén, antes da celebración do próximo pleno da Cámara Baixa.

De momento, esta solicitude “verbal”, presentada o martes pola tarde, para manter un encontro pareceu “moi interesante” no gabinete da ministra, segundo explicou unha das impulsoras da iniciativa, a deputada do BNG Olaia Fernández Davila. Xunto con ela están nesta reivindicación outros catro integrantes da Comisión de Igualdade do Congreso: Mercè Pigem de CiU, Joseba Aguirretxea do PNV, e Joan Tardà de ERC.

Fernández Davila aclarou onte que acordaron solicitar a reunión “para plantexar a cuestión en positivo” porque a súa intención é “abrir a posibilidade de chegar a un acordo” antes de que o anteproxecto se converta en proxecto de lei. Consideran que esta eiva no texto non foi intencionada, senón que simplemente “nin se lles pasou pola cabeza” incluír a discriminación lingüística como un tipo de desigualdade de trato. Pero para os partidos nacionalistas é “fundamental” que se recoñeza que “esa igualdade de trato non existe” cando se trata de lingua, porque hai diferenzas para os que “usamos a lingua propia diferente da española”, lamenta Fernández Davila.

En concreto, no caso galego a deputada do BNG no Congreso asegura que “non existe a garantía” de que nunha Administración pública te vaian a atender “oralmente” en galego, aínda que te dirixas a eles nesa lingua, unha garantía que a lei si que outorga. Ademais, Olaia Fernández móstrase preocupada porque en Galicia “o problema é que hai vontade política de retroceder” do establecido na Lei de Normalización Lingüística, “de ir cara atrás”, advirte. En canto ao comportamento da Administración estatal en Galicia “ese respecto non existe” tampouco cara ao galego, considera Fernández Davila. Como di o deputado de ERC Joan Tardà no seu blog: “Que catalán falante non se atopou nalgunha ocasión ante un garda civil, por exemplo, que lle espetou un ‘no te entiendo’?”.

Por iso, os partidos nacionalistas no Congreso advirten de que van rexeitar “de cheo a lei se non se recolle a discriminación lingüística”. Claro que esperan que todo poda solucionarse antes incluso de que chegue o momento de votala, porque, ao fin e a cabo, din que falando se entende a xente. O que eles pretenden na reunión coa ministra.

Fuente: http://www.xornal.com/artigo/2011/01/12/politica/discriminacion-tamen-cuestion-linguas/2011011223214300495.html


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Busca Costaweb

Ter todos os enlaces de internet da zona. E un proxecto ambicioso e intentamos consegi-lo. Axudanos si non está algunha que vostede coñeza. INFORMANOS.
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.