www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



A dirección socialista baixo a presión de La Voz de Galicia
 
 Enviada o 13/01/2011 na categoría: Novas
A cúpula socialista galega critica a campaña do principal xornal galego en contra dos seus intereses

Non é a primeira vez, nin será a última, que se escoita a importantes dirixentes socialistas queixarse do trato que o PSdeG recibe por parte de La Voz de Galicia e de algúns dos seus columnistas.

Unhas declaraciónns que veñen motivadas polo cambio de rumbo que, ao seu entender, deu este xornal na súa relación co socialismo galego uns meses antes das pasadas elecciónns autonómicas e que se agravou coa chegada de Pachi Vázquez á Secretaría Xeral do partido.

“Ariete” do PP

Fontes da cúpula socialista critican que La Voz está sendo utilizada como “un ariete” por parte do Partido Popular e critican que sexa “tan permisiva” con asuntos que, durante o bipartito, non paraba de criticar como a Cidade da Cultura ou o déficit en infraestructuras.

Os principais “perxudicados” neste tratamento mediático, segundo os socialistas, son os actuais dirixentes, comezando por Vázquez, continuando por Ricardo Varela e rematando co alcalde de Vigo, Abel Caballero, con quen La Voz de Galicia mantén unha guerra aberta tanto na súa edición en Vigo como na edición xeral.

Incremento da tensión

Precisamente, o novo pacto entre Vázquez e Caballero, logo da crise parlamentaria socialista incrementou esa “tensión” na relación entre o PSdeG e La Voz, xa que a dirección socialista considera que o xornal coruñés tomou “claro partido” polo sector de Leiceaga e Barcón. Unha tensión que estoupou coas declaracións do columnista de La Voz, Roberto Blanco Valdés, nunha tertulia radiofónica en contra de Laura Seara e do propio Pachi Vázquez.

“Utilizan a cans de presa para atacar. Xa non lles chega co que publican”, asegura un dirixente socialista consultado que pon como exemplo desta suposta campaña en contra dos seus intereses a entrevista que se lle fixo ao novo voceiro parlamentario, Abel Losada, pouco despois do seu nomeamento, isistindo nesa “alianza” entre Pachi Vázquez e Caballero. “Está claro que non van a parar na súa campaña”, asegura.

Tamén os ministros

Esta mala relación de La Voz tamén a fan extensiva aos ministros e ex ministros galegos, con excepción de José Blanco, “ao que lle dan unha de cal e outra de area” pero ao que “non interesa incomodar”. “Home!, é que o que reciben de Fomento dá para pagar moitos soldos”, conclúe este dirixente.

Fuente: http://www.galiciaconfidencial.com/nova/6925.html


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.