www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Noia: a vila, protagonista dunha nova novela sobre o mito bíblico do diluvio universal
 
 Enviada o 12/01/2011 na categoría: Novas
O xornalista e escritor Javier Sierra, célebre por colaborar dende sempre en revistas sobre ovnis e fenómenos paranormais, adica a súa nova novela "El ángel perdido" ao mito bíblico referido ao diluvio universal. Como saberán todos os que leran algunha vez o primeiro capítulo do libro da Xénese, esta lenda estivo protagonizada por Noé -que foi parido cando seu pai, Lamelec, tiña 182 anos, un mozote aínda, pois morreu aos 777-. Noé debeu tardar en atopar traballo e asentarse, pois tivo aos seus fillos moito máis tarde que seu pai, aos 500 anos de idade (Sem, Cam e Jafet).

Como explica no seu twitter, Javier Sierra di que a súa novela "revela por qué el escudo de Noia (La Coruña) muestra el Arca de Noé atracando en la cima de un monte". Calquera de Noia ou afeccionado aos misterios coñece a lenda. Se non a coñecen, na I Jornada del Misterio del Barbanza, que foi pagada con cartos públicos en febreiro do ano pasado, explicárona. Referímonos a aquel episodio aquí.

Segundo relata no tráiler da súa obra, que está en lanzamento, Javier Sierra percorreu todo o mundo para escribir esta novela. Imaxinamos que tamén se achegaría por Noia, aínda que no tráiler fala da Costa da Morte e de Santiago, cidade ésta do Apóstol que fai de capa do seu libro. Aínda que a moitos lles gustaría que a Arca de Noé -aquel piloto bíblico con problemas coa bebida- estivese soterrada na Barquiña, de Noia, a maioría de expertos, entre eles Javier Sierra, coincide en que está no monte Ararat e cada pouco descubren algo que podería selo. A última noticia da que tivemos coñecemento retranqueámola un pouco aquí. Dos xornalistas xa non dicimos nada -somos parte afectada- pero teñan tamén coidado cos arqueólogos, que cada pouco se descubre a algún que soterra cousas para logo dicir que as atopou el.

Algún medio xa vaticina que este libro, El Ángel Perdido, vai ser un dos bestsellers de 2011. O anterior do mesmo xornalista, La cena secreta, chegou a rivalizar con El Código Da Vinci. O autor xa ten pechadas presentacións en 30 cidades. Será Noia unha delas? Contarémosllo en febreiro.

Fuente: http://certo.posterous.com/noia-a-vila-protagonista-dunha-nova-novela-so


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Páxinas Locais

Buscador Teléfonico para a nosa comarca.
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.