www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Literatura: a terceira edición do certame de novela curta "Cidade Centenaria de Ribeira" está a ser divulgada de xeito masivo
 
 Enviada o 12/01/2011 na categoría: Novas
O prazo de admisión de orixinais remata o 23 de marzo de 2011

A Concellería de Cultura e Festexos convocou en xuño deste ano e xa está divulgando a terceira edición do Concurso Internacional de Novela Curta “Cidade Centenaria de Ribeira 2010-2012”. Trátase dun certame de frecuencia bienal co que se pretende potenciar e apoiar a literatura en lingua galega co gallo de conmemorar a concesión do título de Cidade a Santa Uxía o 23 de marzo de 1906.

Así, a Área Municipal de Cultura efectuou este mes un envío de carteis e dípticos a máis de 300 lugares de Galicia e do exterior, ademais dun mailing masivo, co obxectivo de informar sobre as bases do certame, que nas súas dúas anteriores edicións foi gañado por Begoña Paz Rey, con “As mellores intencións”, e por Ignacio Silva con “Vertixes”. Ambas obras están publicadas pola editorial Xerais.

Poderán concorrer ao concurso todas as persoas maiores de idade, de calquera nacionalidade ou residencia, cun único traballo en lingua galega normativa de temática libre, orixinal e inédito. A obra, cunha extensión mínima de 80.000 caracteres e máxima de 120.000 caracteres, presentarase por quintuplicado en exemplares separados.

O prazo de admisión de orixinais rematará o 23 de marzo de 2011, aniversario da concesión do título de Cidade.

Premio único de 3.000 euros

Establécese un primeiro e único premio de 3.000 euros, diploma conmemorativo da obra e publicación que será realizada por Edicións Xerais de Galicia. O importe do premio estará suxeito á lexislación fiscal vixente.

Máis información no Auditorio Municipal (teléfono: 981 835 650, e-mail: culturaefestexos@riveira.com)

Fuente: http://certo.posterous.com/literatura-a-terceira-edicion-do-certame-de-n


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Costa de Compostela

Páxina onde podemos encontrar tódalas empresas relacionadas co turismo do Barbanza
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.