www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



"Proxecto de futuro para a nación española" ou "símbolo do despilfarro público"?
 
 Enviada o 11/01/2011 na categoría: Novas
Manuel Bragado alerta que o coro evitou a palabra "nazón" ao cantar o himno galego na inaguración. Houbo ademais visións contrapostas sobre a estrea dos dous primeiros edificios da Cidade da Cultura. Críticas e ausencia do Bloque, loas de Feijóo aos Príncipes de Asturias e boicot dunha plataforma cidadán ao acto deste mediodía.

O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, denunciou hoxe que “en mans do PP a Cidade da Cultura converteuse nun símbolo de despilfarro de fondos públicos nun momento de crise e de desprezo pola cultura galega”.

Guillerme explicou esta mañá en rolda de prensa que o BNG non asistiu hoxe aos actos de inauguración da Cidade da Cultura “porque estamos diante dunha actuación que significa o despilfarro de fondos públicos nun momento moi difícil, e de desprezo absoluto pola cultura galega e desorientación dun Goberno do PP que non ten un proxecto claro para Galiza”.

“Uns fastos para a inauguración absolutamente prescindíbeis”

Ademais, Guillerme criticou “os fastos da inauguración, perfectamente prescindíbeis, máis se cabe nun momento de restrición orzamentaria total, onde non hai un peso para apoiar aos sectores máis febles da nosa sociedade”.

Pola contra, o portavoz nacional do BNG defendeu que “neste momento para o señor Feijoo a prioridade debería ser o combate ao desemprego".

Boicot dende GNSV

Onte a a plataforma "Cultura si, mausoleo non” , que forma parte da rede Galiza non se Vende, fixi un chamamento ao boicot cidadán da inauguración deste martes.

"O desfase de 400 millóns de euros non é motivo de celebración e solicitamos a non participación dos cidadans, persoeiros e intelectuais na pantomima que se vai celebrar maña no monte gaiás", argumentou o colectivo.

Visión do presidente do Goberno

Unha visión totalmente contraposta á de Feijóo. No seu primeiro acto público despois das súas prolongadas e polémicas vacacións en Salvador de Baía (Brasil), o líder conservador quixo agradecer, nun primeiro termo, aos Príncipes de Asturias, “que representan o futuro de España”, que avalen coa súa presenza “un proxecto de futuro para a nación española".

“Como fixen xa en reiteradas ocasións polo seu apoio ao Ano Santo, quero tamén hoxe agradecer que avalen coa súa asistencia esta Cidade da Cultura, un icona, útil para Galicia e para España, porque é atraente e admirable para o resto do mundo. Grazas por sumarse a esta nova ilusión desde Galicia e desde España, para Galicia, para España e para o mundo”, dixo.

Ao longo da súa intervención, Feijóo afirmou que, os galegos, “que sempre nos rebelamos contra o inmobilismo, volvemos exercer hoxe a paternidade do noso futuro e facémolo coma sempre: cunha concepción aberta da nosa identidade e con grandes doses de esperanza”.

Mandou a Xunta evitar a palabra "nación" do himno?

Por outra parte, Manuel Bragado, responsábel da editorial Xerais e presente no acto, denuncia que "o coro omite a palabra 'nazón' na sua interpretación do himno galego que pechaba a inaguracion da Cidade da Cultura". Bragado di que "cantárono conforme sinala a Lei de Simbolos, completo, agás ese detalle".

Fuente: http://www.galiciaconfidencial.com/nova/6907.html


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Visita a fraga do Triskel

Páxina web da taberna o Triskel en Ribeira
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.