www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



QUÉN ESTÁ A PAGAR AS VACACIÓNS DE FEIJOO EN BRASIL????
 
 Enviada o 07/01/2011 na categoría: Novas
Tanto PSdeG como BNG demandaron nas últimas horas que o presidente da Xunta aclara a súa prolongada estancia fóra do país.

Por parte dos nacionalistas foi o voceiro parlamentar, Carlos Aymerich, quen reclamou, en declaracións á Cadena Ser, que o mandatario conservador que aclare se os días que está a pasar en Sudamérica están a correr a cargo dos fondos públicos. "Sería moi grave que as vacaciones de Feijóo se pagasen con cartos públicos" dixo o deputado.

Feijóo leva varios días en Brasil sen realizar actos en condición de presidente do Goberno Galego. O último acto público en Galicia comunicado polo Goberno foi o día 31, con motivo do peche da Porta Santa en Santiago.

A prolongada ausencia do mandatario xa lenvatou onte as críticas do PSdeG.

O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada, esixiu hoxe ao presidente da Xunta “que dea a cara” e que aprace as súas vacacións de Nadal porque “hai máis galegos que nunca no paro”.

Para os socialistas o presidente ten que dar a cara tras coñecerse que Galicia é a cuarta autonomía na que máis creceu o paro no último ano.

Fuente: http://www.galiciaconfidencial.com/nova/6883.html


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Páxinas Locais

Buscador Teléfonico para a nosa comarca.
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.