www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



FAES ADVIRTE QUE GALICIA MANTÉN 146 "CHIRINGUITOS"
 
 Enviada o 27/12/2010 na categoría: Novas
A FUNDACIÓN DO PP DÁ ARGUMENTOS AOS QUE DEFENDEN UNHA ADMINISTRACIÓN MÁIS PEQUENA. A XUNTA SERÍA UNHA DAS ADMINISTRACIÓNS MÁIS ENDEBEDADAS, MALIA CONTER O VOLUME DE FUNCIONARIOS. PDF NO INTERIOR.


A Fundación para a Análise e os Estudios Sociais (FAES), o 'think tank' que lidera o ex-presidente José María Aznar, publicou un informe sobre funcionarios. O organismo dos conservadores destaca que só Galicia, Canarias e Navarra minguaron o seu volume de traballadores públicos nos últimos catro anos.

Galicia tamén é unha das autonomías con maior administración paralela. A Fundación identificou 146 entes no país, só superado por Andalucía (317)Baleares (166) e Cataluña (355). O documento apunta tamén que "Valencia, Cataluña, Baleares, Castilla-La Mancha e Galicia son las Comunidades con máis débeda, todas por riba da media nacional".

Co título "Por un Estado autonómico racional e viable", FAES avalía, entre outros puntos, o volume de empresas públicas, funcionarios e competencias autonómicas.

Seguindo a liña do PP dun menor sector público, o ente de Aznar alerta do importante incremento de entidades dependentes das comunidades autónomas e funcionarios autonómicos durante os últimos anos.

Como alternativa, FAES apunta ao exame dos servizos imprescindibles, para que a Administracións poida adelgazar cos "prescindibles".

A nivel estatal, advirte dunha "posible sobrepoblación" de funcionarios. As autonomías incrementaron un 29 por cento a súa taxa destes asalariados, fronte o aumento do 6,70 do Estado.

Nese mesmo período, Galicia mantivo practicamente estábel o seu cadro de funcionarios, na actualidade case 192.000.

A conclusión da Faes é que "visto dende 2006 ata 2010 apenas se produciu ningún incremento significativo do catálogo de competencias transferidas ás comunidades autónomas, parece que atopa escasa lóxica este incremento de recursos que se produciu de xeito heteroxéneo entre as diferentes administracións territoriais", argumenta.

En canto a este último punto, o documento asinado por Mario Garcés revela que se constituíron preto de 100 entes públicos durante 2008 e os primeiros seis meses de 2009, a razón de 1,2 por semana. Da mesma forma, a tendencia nos últimos seis anos é de crecemento constante, repartida de xeito desigual polas comunidades autónomas.

Os datos expoñen que, a mediados de 2009, en Cataluña había un total de 335 entidades, seguida por Andalucía con 317 e lonxe das seguintes: Baleares (166), Galicia (146), Madrid (137) e a Comunidade Valenciana (136).

Fuente: http://www.galiciaconfidencial.com/nova/6822.html


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Páxinas Locais

Buscador Teléfonico para a nosa comarca.
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.