www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



A PROCESIÓN DOS CALADIÑOS
 
 Enviada o 08/11/2010 na categoría: Novas
Dixemos que a calada é a estratexia da maioría da Arqueoloxía galega. A Academia e a Administración evitan problemas deste xeito. As empresas de Arqueoloxía repártense como taifas o territorio nun equilibrio que custa manter.

Quen se move non sae na foto. Moito que gañar e moito que perder. En casos como o recente de Cociñadoiro os arqueólogos galegos adoptan dúas medidas: calar ou participar anonima e covardemente en foros de Internet ou poñendo comentarios en bitácoras de xente que si da a cara, desa xente que non sabe, como Manuel Gago.

Esta é a realidade da Arqueoloxía deste país. Pero iso si, malia a calada, a oralidade é o medio de transmisión propio desta Arqueoloxía tan científica. Os susurros, os cotilleos nas escavacións e nos Congresos, toda a Arqueoloxía galega está a comentar este Arqueogate, reencarnados nunha procesión de falsos caladiños.

Polo tanto, que ninguén se estrane do silenzo da Arqueoloxía galega. Pola súa vez, este silenzo vai acompañado doutra actitude clásica: confundir a crítica e a libre información con ataques persoais. Velaí temos novamente a Juan Antonio Cano Pan no Xornal de Galicia: son eu o que lle deu importancia ao xacemento, eu teño que preocuparme de realizar a memoria, e non doutros asuntos.

Calquer persoa que lea as entradas de Manuel Gago e as reportaxes de prensa recentes non verá por ningures un ataque directo á profesionalidade do director da intervención, por ningures. Non obstante, o que queda claro é que as súas declaracións amosan outra vertente clásica da Arqueoloxía galega: o personalismo que leva aos arqueólogos a apropiarse dos xacementos, a consideralos nalgunha medida como algo de seu.

Fuente: http://neixon.blogspot.com/2010.html


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

GALIWEB

Web de publicidade que incluye web`s galegas.
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.