www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



AS MOSCAS DUN BAIXO SEMIRRUINOSO DE SANTA UXÍA FORON FUMIGADAS
 
 Enviada o 05/11/2010 na categoría: Novas
O Concello preocupouse polos insectos, pero foron os donos os que actuaron


Antonte, algúns veciños da rúa Xeral Franco de Ribeira mostraron a súa preocupación pola aparición de numerosas moscas de tamaño considerable no escaparate dun baixo semirruinoso. Onte, o problema quedou liquidado. Aínda que o Concello moveu ficha, non fixo falta que os operarios municipais actuasen. Foron os propietarios os que se encargaron de fumigar os insectos.

En principio, pensouse en se podía haber algún animal morto no interior do inmoble, de ahí a aparición das moscas, pero os propietarios non viron ningún resto. Por iso procederon sen máis a fumigar os insectos que xeraron inquietude nalgúns residentes.

O inmoble en cuestión non é un edificio calquera. Trátase, tal e como confirmaron os seus propietarios, dun inmoble catalogado. De feito, os seus donos aspiran a rehabilitalo. Nesa liña, algúns dos residentes que mostraron a súa preocupación polo asunto das moscas sinalaron que se trata dunha casa con moito valor e cunha privilexiada estética que sería moi positivo que estivese restaurada. Tamén incidiron no asunto da súa catalogación.

Pola súa banda, desde o Concello ribeirense indicaron que, onte, ao decatarse do asunto das moscas, deron parte ao departamento de Medio Ambiente para que se interesase polo asunto. Contactaron cos donos para asegurarse de que se puña freo á situación.

Fuente: www.lavozdegalicia.es


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Páxina da Pobra do Caramiñal

Páxina web oficial da Pobra do Caramiñal
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.