www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



UNHAS CATROCENTAS OBRAS PRESENTÁRONSE Á MOSTRA DE CURTAS
 
 Enviada o 02/11/2010 na categoría: Novas
Á SECCIÓN OFICIAL DESTA CITA AUDIOVISUAL NA VILA NOIESA CONCORRERÁN PRETO DE CORENTA CURTAMETRAXES

A Mostra de Curtas de Noia, unha cita audiovisual por excelencia na comarca, e que chega este ano á súa duodécima edición, está cada vez máis próxima. Pechado o prazo de presentación de obras para participar no festival, desde o Concello noiés contabilizaron uns catrocentos vídeos presentados para esta convocatoria. Con todo, serán uns corenta os que concorran ás seccións oficiais, aínda que por agora non está pechado definitivamente o número. Tampouco está completamente decidida a composición do xurado.

Segundo explicou o concelleiro de Cultura, José Manuel González, a abundancia de solicitudes demostra que a Mostra non se resentiu pola crise. De feito, a procedencia tamén é en grao sumo variada: hai vídeos comarcais, do resto de Galicia e de España, de Singapura, Acerbaiján, Rusia, Francia, Estados Unidos ou Chile, entre outros países.

A cita terá lugar entre o 26 de novembro e o 5 de decembro, pero as seccións oficiais desenvolveranse en seis días: 26, 27 e 28 de novembro e 3, 4 e 5 de decembro, é dicir, os fins de semana. Haberá premios aos mellores curtos comarcais, en vídeo e en 35 milímetros, pero tamén se repartirán galardóns especiais.


PROGRAMA

O festival arrincará o día 26 coa proxección de 8 curtametraxes de Boiro, Noia, A Pobra e Porto do Son, que concorren ao premio comarcal. Segundo explicou o edil de Cultura noiés, o artista que presentará a gala ese fin de semana será Serafín Marcos. Para pór o toque musical actuará tamén o dúo Paranoias.

Por outra banda, entre os días 27 e 28 proxectaranse unhas 16 curtametraxes, que competirán na categoría de vídeo. O mesmo presentador e dúo musical amenizarán a velada.
O primeiro fin de semana de decembro proxectaranse ao redor doutros quince curtos, tamén competindo nas seccións oficiais, nunha gala presentada por Pepo Suevos e na que actuará tamén o dúo Paranoias.

Os premios que se reparten na Mostra de Curtas inclúen, ademais da categoría comarcal, vídeo e 35 milímetros, galardóns pola mellor dirección, guión, actor, actriz, montaxe, animación, mellor curto internacional, premio especial do público, homenaxe a unha carreira, premio narracións extraordinarias e unha mención especial do xurado.

Fuente: http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2010/11/02/


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Páxina oficial de Rianxo

Páxina web oficial de Rianxo
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.