www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



O CONCELLO DE RIBEIRA ESTUDA O CUSTO DE HABILITAR PARA ACTIVIDADES DEPORTIVAS O RECINTO DO GRUPO
 
 Enviada o 01/11/2010 na categoría: Novas
O Concello de Ribeira está a estudar o custo que suporía habilitar o recinto do colexio O Grupo para realizar actividades deportivas e de carácter lúdico polas tardes para os máis pequenos da casa. Desde o goberno local están a analisar o orzamento ao que ascendería dita iniciativa para comprobar se é viable a súa posta en marcha.

Desde o Concello ribeirense explicaron que xa mantiveran conversacións cos responsables do centro educativo. O que quedou claro foi a necesidade de contratar monitores especializados para realizar estas actividades e atender aos pequenos. Con todo, o que aínda non está decidido é o horario no que se realizarían estes xogos nin como se poderían organizar estas actividades.

A posibilidade de habilitar o recinto do Grupo xa saíu a relucir no último pleno de Ribeira, celebrado o pasado luns. O concelleiro nacionalista Luís Teira presentou unha moción pedindo a construción dunha pista polideportiva na praza do Centenario, ante a falta de espazos onde os mozos poidan practicar deporte.

Foi nese momento cando a tenente de alcalde, Dores Elorduy, aludiu a que o Concello xa está a barallar outras alternativas máis viables e seguras. Unha delas é precisamente esta que ten que ver coas instalacións do colexio O Grupo.

Fuente: www.lavozdegalicia.com/barbanza/


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Festa Vikinga de Catoira

Páxina web da Festa Vikinga en Catoira
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.