www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



CADAVAL, ERNESTO CHAO E ISI MOSTRAN OS SEUS DOTES ARTÍSTICOS
 
 Enviada o 29/10/2010 na categoría: Novas
ESTE FIN DE SEMAN O TEATRO VOLVE SER O EPICENTRO DA OFERTA CULTURAL EN RIBEIRA, OUTES, MUROS, NOELA E LOUSAME.

Un fin de semana máis, o teatro volve ser o epicentro da oferta cultural. Cinco son as representacións que integran o cartel deste fin de semana. Nalgunhas participan actores da talla de Quico Cadaval, Isi e Ernesto Chao.

O cartel abrirase mañá en Ribeira (Auditorio, 21.30 horas) coa actuación de Contrabutaca Produccións, que porá en escena Un morto moi vivo . Trátase dunha comedia desternillante protagonizada por José Manuel Rodríguez Ponte, Isi ; Dorotea Bárcena, Toño Pena e Chelo do Rejo. A obra, escrita e dirixida por Xosé Lueiro, está inspirada no texto Os cravos de prata , de Nicolás Bela. É unha comedia de humor negro, que descobre a vileza do ser human e os seus baixos instintos.

O sábado serán tres as funcións que terán lugar de forma simultánea noutros tantos lugares de Barbanza. En Outes (casa de Cultuira, 20.00 horas) recalará Produccións Teatrais Escénicas, coa peza Shakespeare para ignorantes . É unha función dirixida por Quico Cadaval quen, á hora da interpretación, rodeouse de dous grandes do teatro galego, Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira. Xuntos, analizan as características máis destacadas da obra do dramaturgo inglés.

En Muros (Centro cultural, 21.00 horas) son Ernesto Chao e María Bouzas as estrelas da montaxe que presentará Lagarta, Lagarta: Casting . É unha obra que fala de probas, probas e máis probas; para atopar traballo, para amar, para competir... Unha comedia que promete.

Mentres, o esceario do coliseo Noela (21.00 horas) será asaltado polo grupo de teatro Atrezo de Vigo que, para clausúraa de Noiaescena, elixiu a peza Bágoas de noitebra . A obra reflexa unha guerra, un enfrontamento entre dous bandos do que un resulta vencedor e o outro, vencido; pero no que todos perden.

O cartel teatral do fin de semana pecharase o domingo en Lousame (Casa de cultura, 19.00 horas), onde recalarán os cómicos de Nonhaifallo. Esta agrupación está formada por tres humoristas, que ofrecen un espectáculo a modo de diálogos ou contacontos

Fuente: http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Costa de Compostela

Páxina onde podemos encontrar tódalas empresas relacionadas co turismo do Barbanza
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.