www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Abarrotada a casa de cultura de Carreira na charla sobre os perigos de Internet
 
 Enviada o 29/10/2010 na categoría: Novas
Abarrotada a casa de cultura de Carreira na charla sobre os perigos de Internet

A asociación de veciños de Carreira organizou o pasado venres unha charla multidisciplinar baixo o lema “Os Perigos de Internet”.
A presentación correu a cargo de Manolo Calviño, que destacou a súa faceta como usuario informático e pai de menor en idade escolar.

As ponencias correron a cargo do mestre e pedagogo Alex Pérez , que disertou sobre os perigos desta ferramenta en mans dos menores, así como as medidas que teñen os pais para facer frente a esta situación: diálogo e sensatez.
A psicóloga Rebeca Sevilla plantexou o seu discurso sobre a influencia das redes sociales na formación dos rapaces na idade infantil e adolescencia.

Eduardo Iglesias plasmou a súa visión, como informático, sobre as ferramentas técnicas das que dispoñen os pais para aminorar os perigos aos que se enfrentan os usuarios.
Pola súa parte, a xurista Lorena Vila amosou a súa experiencia en temas relacionados cos delitos que aguilloan con máis frecuencia tanto aos menores como aos usuarios informáticos.
Satisfacción pola utilidade deste tipo de actividades

Unhas cincuenta personas abarrotaron a casa de cultura carreirense, onde se celebrou a conferencia organizada polo colectivo que preside Ana Gómez Hermo. Os asistentes manifestaron posteriormente unha opinión unánime sobre a utilidade da charla que viñan de escoitar e animaron á asociación de veciños a continuar con este tipo de actos de divulgación.

Eu mesmo (Xoan Piñeiro) asistin a devandita charla, e foi amena, seria, e informativa,
Coma medio-experto no tema, atinaron nas charlas e temas que tocaron, e logo de duas horas e media quedouse pequeno o tempo, quedando en facer unha nova charla para ter tempo a pregos e preguntas dos asistentes.

Fuente: http://certo.posterous.com/


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

ASOCIACION DE VECIÑOS DE CARREIRA

Non forma parte da nosa política de publicidade. Pero como estas persoas traballan desinteresademente para o pobo promovendo actividades a alternativas tanto para mayores como para os nosos nenos vemonos interesados a dar o enlace o seu blogspot.
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.