www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



UNHA GUÍA SOBRE SANTIAGO E A RÍA DE MUROS-NOIA QUEDOU FINALISTA DUN CERTAME INTERNACIONAL
 
 Enviada o 28/10/2010 na categoría: Novas
Unha guía sobre Santiago e a ría de Muros-Noia, DESCUBRINDO SANTIAGO , editada por María Moreno e Rupert Wakefield, fincados en Outes, quedou finalista á mellor revista dixital de viaxes dos premios Best in Dixital Magazine Publishing.

A edición competía con outras oito e onte fallouse o certame, que gañou unha publicación denominada iFly Magazine .

A pesar de non lograr o premio, os autores consideran moi meritorio o feito de figurar entre os finalistas. O editor da guía, Rupert Wakenfield, sinalou: «Para nós é unha honra ser recoñecidos a nivel internacional por uns premios tan prestixiosos. Dende o principio loitamos por este proxecto e pola promoción do turismo de calidade nesta zona, a pesar da falta de apoio que tivemos».

A guía está producida e editada por GoGalicia, e intenta promocionar o turismo de calidade en Santiago e a ría de Muros-Noia. Ten 148 páxinas e, segundo explican os seus autores, segue o formato das revistas de viaxes.

A edición impresa está dispoñible Dende o pasado mes de xullo en establecementos de Santiago e da ría de Muros-Noia. Ademais, recentemente sacouse a versión en formato dixital, á que pode accederse de forma gratuíta na páxina web www.gogaliciaguide.com.

María Moreno e Rupert Wakefield establecéronse en Galicia hai cinco anos. Ata ese momento traballaban no sector da publicidade en Londres. Dende que chegaron a Galicia restauraron dúas casas de pedra que se alugan para períodos vacacionais.

María Moreno explica que o 80% dos seus clientes son estranxeiros.

Fuente: http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

ASOCIACION DE VECIÑOS DE CARREIRA

Non forma parte da nosa política de publicidade. Pero como estas persoas traballan desinteresademente para o pobo promovendo actividades a alternativas tanto para mayores como para os nosos nenos vemonos interesados a dar o enlace o seu blogspot.
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.