www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



O COLEXIO DE AGUIÑO RECIBE UN PREMIO POR UN PLAN INNOVADOR PARA PROMOVER O USO DO GALEGO
 
 Enviada o 28/10/2010 na categoría: Novas
A XUNTA DARALLES 3.000 EUROS E ASESORAMENTO PARA PÓR EN MARCHA O PROXECTO
Autor:
Laura López

O colexio de Aguiño acaba de recibir un premio por un proxecto educativo e innovador relacionado coa dinamización lingüística, co obxectivo de promover o uso do galego. A Consellería de Educación e Ordeación Universitaria fixo pública onte a lista dos centros galegos premiados.

O de Aguiño está entre os cinco galardoados, dun total de 37 escolas de toda a comunidade que presentaron á Xunta os seus plans formativos. Educación axudará agora aos colexios seleccionados a pór en marcha e desenvolver estes plans.
O proxecto que presentou o colexio aguiñense leva por título ONDE A TERRA ACABA E OU MAR COMEÇA.

Grazas a ser un dos centros seleccionados, o colexio recibirá unha dotación económica de 3.000 euros. Ademais, a Secretaría Xeral de Política Lingüística prestará o asesoramento necesario durante o desenvolvemento do proxecto, que levará a cabo no presente curso académico.

FORMACIÓN

Tamén se organizará unha xornada de formación para o profesorado implicado nas iniciativas gañadoras. Doutra banda, Política Lingüística difundirá a través de Internet as experiencias e a publicación dos materiais educativos, na páxina web www.xunta.es/linguagalega.

Segundo explicaron desde o colexio de Aguiño, a posta en marcha deste proxecto inclúe actividades variadas tanto para alumnos como para os seus familiares, co obxectivo de promover o uso do galego.

Nesta ocasión, Aguiño comparte o seu posto no podio con outros centros galardoados, que son o colexio de Quintela, en Moaña; o Mestra Clara Torres, en Tui; o instituto Perdouro, en Burela, e o Rodeira, en Cangas.

Desde a Xunta de Galicia explican que cos premios de innovación en dinamización lingüística pretenden «reforzar a dimensión comunicativa do galego en relación con contextos vivos, facilitarlle ao alumnado unha oferta educativa que o axude a percibir a utilidade desta lingua e que o capacite para o seu uso correcto e eficaz»

Fuente: http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Páxina da Pobra do Caramiñal

Páxina web oficial da Pobra do Caramiñal
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.