www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



UN MILLÓN DE DIMES E DIRETES
 
 Enviada o 28/10/2010 na categoría: Novas
A PARTIDA PROMETIDA E NON EXECUTADA POLA XUNTA PARA O CASTRO DE BAROÑA NO 2009 XEROU OUTRO ENFRONTAMENTO DE PP E PSDEG

As palabras léva-as o vento. E no ámbito político calquera documento asinado e selado pode supor o mellor dos escudos ante unha acusación que busque mutar ao imputado de heroe a vilán.

Esta, poderíase dicir que é a base que sustenta a última gresca entre o rexedor entrante de Porto do Son, Pastor Rodríguez, e o saínte, Manuel Tomé . Ou o que é o mesmo, entre o PSdG e o PP.

As choivas pretéritas que xeraron estes lodos verbais remóntanse a agosto do 2009, cando o entón alcalde popular, Tomé , visitou a sede administrativa da Xunta en Santiago para entrevistarse co director xeral de Patrimonio, José Manuel Rei Pichel.

Neste encontro, no que participaron ademais de políticos, técnicos vinculados á administración local e autonómica, Pichel, -segundo relata Tomé -, «comprometeuse a achegar preto dun millón de euros para o castro sempre que se aprobase o plan especial e puxésense a disposición da administración todos os terreos para a construción dun centro de interpretación».

Este compromiso verbal foi tombado no pleno de setembro do 2009 polo rexeitamento de BNG e PSdeG, «perdendo unha axuda que agora polo momento que vivimos xa é difícil que concedan outra vez», aseguraba onte mesmo Tomé . Sobre esta cuestión do millón de euros extraviado, hai poucos días o socialista Pastor Rodríguez afirmaba que «a Xunta négao, xa que non consta por escrito, que é como teñen que constar os acordos entre dúas Administracións». Unhas palabras das que Rodríguez asegura ter probas tras reunirse con Pichel o 25 de maio nas oficinas de San Caetano, en Compostela.

UNHA TERCEIRA OPINIÓN

Chegados a este punto, no que Tomé confesa sentirse «indignado» polas dúbidas que Pastor Rodríguez creou sobre a existencia ou non dese millón de euros para Baroña que asegurou ter atado, cabe dicir que testemuñas presenciais en ambos encontros recoñeceron a La Voz que «o compromiso do millón de euros existiu realmente, xa que Pichel prometeuno. O problema é que non quedou constancia por escrito e non se chegou a concretar ao non aprobarse o plan especial do castro».

Agora, que parece que o Concello xa conta co visto e prace de todos os propietarios afectados por este plan que busca a ordeación do chan na contorna do xacemento, será aprobado nas próximas datas. Unha cuestión que para o alcalde socialista de Porto do Son xustifica solicitar á Xunta «ese famoso millón para continuar co proxecto no xacemento de Baroña». Sobre esta cuestión, o ex rexedor popular opina que «se non o sacaron neste ano adiante é por que non lles interesaba aprobar un proxecto que eu promovín».

O que si parece seguro é que esta polémica terá continuación. Tal vez no pleno de mañá?

Fuente: http://www.lavozdegalicia.es/


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

O sitio da Festa da Dorna

Páxina web oficial da Cofradía da Dorna
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.