www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



"SECUESTRO" DA REVISTA RETRANCA POR "RIRSE" DO PAPA E DA IGREXA
 
 Enviada o 26/10/2010 na categoría: Novas
“Secuestro” da revista Retranca por rirse do Papa e da Igrexa
A chegada de Bieto XVI a Santiago está a causar problemas para a liberdade de prensa esquecidos en Galicia dende o franquismo.

Primeiro foi a sorprendente desaparición dun artigo crítico coa Igrexa da web do Galicia Hoxe. Agora é a revista humorística Retranca quen denuncia dificultades para chegar aos quioscos ante a suposta censura "moral" da súa imprenta a novo número sobre o líder relixioso.

Galicia Confidencial denunciou a estraña desaparición dun artigo da web do diario Galicia Hoxe despois dun comunicado de protesta do Arcebispo polas críticas que Fran P. Lorenzo facía ao “malgasto” de cartos públicos na organización. Esta mañá é a Revista Retranca, que dirixe Kiko Da Silva, quen denuncia un suposto novo ataque a liberdade de expresión, o “secuestro” do número sobre o Papa desta publicación satírica galega.

“Os propietarios da empresa Imprenta Jiménez Godoy, radicada en Murcia, néganse a entregar os exemplares da revista para a súa distribución, aducindo o seu desacordo moral co contido da mesma”, explica o debuxante.

Na versión de Retranca, nunha conversa telefónica mantida con Kiko da Silva, director de Retranca, o dono de Imprenta Jiménez Godoy explicou que a revista, aínda que xa estaba impresa e lista para o envío á distribuidora, non se ía entregar porque a empresa que dirixe estaba en total desacordo “co ataque ao Papa e á Igrexa”.
Retranca deixa claro que “foi a imprenta a que acudiu á nosa empresa para ofrecerse a imprimir a nosa publicación, sabendo de sobra que se trata dunha revista satírico-política”.

Retranca informa aos lectores que o número secuestrado estase a imprimir xa noutra imprenta e que chegará aos quioscos en breve. Ademais, prepara unha posíbel demanda no xulgado.

Retranca, “a primeira revista galega de humor que consegue sobrevivir sen subvencións”, recibiu na súa curta existencia o Premio do Público do Salò do Cómic de Barcelona e acaba de recibir o Premio Ourense á Mellor Iniciativa de Banda Deseñada. Kiko da Silva fundou Retranca hai tres anos.

Fuente: http://www.galiciaconfidencial.com/


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Páxina oficial de Rianxo

Páxina web oficial de Rianxo
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.