www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



ABUSO A MENORES
 
 Enviada o 25/10/2010 na categoría: Novas
abuso a menores
GALIZA ACUMULA ESTE ANO 135 CASOS DE MALOS TRATOS INFANTÍS, SEIS DE TIPO SEXUAL
A XUNTA PRESENTA UNHA BASE DE DATOS CENTRALIZADA QUE ESTARÁ ABERTA AOS COLEXIOS E ÁS FORZAS DE SEGURIDADE

A comunidade galega rexistrou no que vai de ano 135 casos de malos tratos infantís, unha cifra que revela a dimensión dun grave problema social que, por fortuna, parece ir en retroceso. Iso é o que se desprende da evolución do número de expedientes tramitados pola Xunta; dos 311 do 2008 pasouse a 204 no 2009. E no que vai do 2010 hai 135 casos abertos: 34 por malos tratos físicos, sete por malos tratos emocionais, 69 por neglixencia, seis por abuso sexual, 15 por malos tratos prenatal, un por abandono físico e tres por mendicidade.

A conselleira responsabel da materia, Beatriz Mato, fixo onte públicos estes datos durante a presentación do rexistro unificado de malos tratos infantís (RUMI), unha ferramenta informática que permitirá conectar os centros educativos coas forzas de seguridade co fin de simplificar a actuación ante unha situación de risco, así como aumentar a efectividade e recortar os tempos de intervención. Galiza é, tras Cataluña e Andalucía, a terceira comunidade de España que pon en marcha unha base de datos desta índole.
Beatriz Mato insistiu onte, no transcurso da presentación do rexistro, en que de nada serve identificar unha situación de malos tratos se non se pon en coñecemento das persoas e entidades que poden facer algo para acabar con ela. O rexistro galego estará, na súa primeira fase, aberto aos profesionais das forzas de seguridade, por ser os responsables de protección á infancia máis coñecidos pola poboación, e aos educadores, porque pasan moito tempo en contacto directo cos nenos. A conselleira avanzou que, no futuro, o rexistro estará aberto aos servizos sanitarios, sociais e xudiciais. Mato destacou que calquera persoa, non só os profesionais, pode e debe colaborar na protección e notificación dos malos tratos infantís, e recordou que xa existe o teléfono gratuíto da infancia, o 900 333 666, e que está en proceso de implantación un único número de axuda á infancia en toda Europa que pasará a estar operativo a comezos do próximo ano, o 116 111.

A responsable de Traballo e Benestar avogou por sumar esforzos para acabar cun problema que transcende os malos tratos físicos e que priva aos menores dos seus dereitos, o que ameaza o seu desenvolvemento integral.

Fuente: http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/10/23/0003_8801429.htm


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Páxinas Locais

Buscador Teléfonico para a nosa comarca.
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.