www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



MÉDICOS AVALAN O CATÁLOGO DE FÁRMACOS DA XUNTA
 
 Enviada o 25/10/2010 na categoría: Novas
Galiza.- MÉDICOS AVALAN O CATÁLOGO DE FÁRMACOS DA XUNTA
O titular da OMC asegura que o "importante" na prescripción de medicamentos é "o principio activo"
O presidente da Organización Médica Colexial (OMC), Juan José Rodríguez Sandín, defendeu ante o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a decisión de impulsar un catálogo priorizado de medicamentos en Galiza pese a os "matices" pendentes de "discutir" e avisou de que, á hora de prescribir, o que "importa" é o principio activo e que a marca do fármaco é unha decisión "subxetiva".

"A nosa obrigación sustancial é tentar preservala mellor atención aos pacentes nas mellores condicions posibeis; a libertade de prescripción é elixir o fármaco máis convinte para cada pacente, pero sempre falamos do principio activo, a marca é unha decisión subxetiva; o importante é o principio activo", sinalou, en declaracions aos medios, tras reunirse no Pazo de Raxoi co presidente galego.
Previamente, nunha comparecencia con Núñez Feijóo, a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, e o presidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña, Luciano Vidán, o titular da OMC se refiriu á iniciativa impulsada por Galiza en materia de fármacos e sinalou que, con independenza do que pense a asamblea, que o discutirá, si él fose presidente do Goberno galego "faría o mesmo".

Rodríguez Sandín se congratulou polo impulso dunha proposta "valente", que parteu do Parlamento galego, donde PP e BNG apoiaron a tramitación dunha iniciativa dos populares encamiñada a "racionalizar" o gasto farmacéutico a través dun catálogo priorizado que despertou fortes críticas do PSdeG e da industria farmacéutica.

Non en van, Farmaindustria alertou de que este catálogo podería "vulneralas leis" polas que se rixe o Sistema Nacional de Saude (SNS) i, en concreto, manifestaron a sua preocupación pola sua afección á libertade de prescripción. Ao respecto, o titular da OMC trasladou o seu "respeto" a tóda-las opinions, pero destacou que calquer medicamento en España está "supervisado" e manifestou a sua convicción de que o facultativo, en caso de incompatibilidades, poderá decidir "caso por caso".

Eso sí, insistiu en que hai "matices" sobor a "competencia ou non" e sobor a "precisión" de cómo se desenrrola. "O enunciado da medida está ben axustado; outra cousa é como se desenrrola", destacou Rodríguez Sandín, quen manifestou a sua convicción de que a titular galega de Sanidade estará disposta a discutir estos "matices".

Por outra parte, preguntado por si cree que outras comunidades e o Goberno central deberían adoptar unha medida similar sinalou que cada quen toma ás decisions que ve necesarias "en cada momento" e que "non hai que botar carreiras". Así as cousas, chamou a prescindir do "debate político partidario" para dar solucions a un "asunto grave" --como se refiriu a que "se poda ver cuestionado" o SNS--.

"MENSAXE VALENTE"

Pola sua parte, Núñez Feijóo insisteu en que a "asignatura pendente" neste momento é "manter" o Sistema Nacional de Saude e sinalou que, para face-lo, será imprescindibel adoptar "decisions" posto que decidir "é gobernar". "O SNS é un dos mellores de Europa e a selección ganou o mundial, pero son necesarios trocos e axustes para voltar a gañar", defendeu.

Neste esceario, sinalou que para manter un sistema "viable" non se poden deixar "facturas nos caixons" e que hai que "pagar", ao tempo que agradeceu á OMC a "mensaxe valente" que, ao seu xuizo, emitiu este venres da capital galega en relación á prescripción de fármacos.

"Tomo nota do apoio, de discutir tódo-los matices e de que non se pode menoscaba-la libertade de prescripción", destacou o presidente galego, quen conclueu que o que non pode ocurrir, en ningún caso, é "que se volva a falar de furados na sanidade".

A reunión de Feijóo co presidente da OMC enmarca-se na cita duns 200 representantes da Organización Médica Colexial, que engloba a os colexios oficiais de médicos de toda España, en Compostela con motivo do Xacobeo para celebrar este venres o pleno do seu Consello Xeral, unha sesión da sua Asamblea Xeral, e unha asamblea de secretarios.

Fuente: GALICIA HOXE


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Informática Costaweb

Nesta web damos información de todos os productos informáticos que podemos ofrecer cos seus respectivos precios
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.