www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



OS CLIENTES DO COMERCIO RIBEIRENSE PODERÁN OPTAR A 3.000 EUROS EN PREMIOS
 
 Enviada o 20/10/2010 na categoría: Novas
A FEDERACIÓN GALEGA ENTREGARÁ NOS PRÓXIMOS 10 DÍAS 26 CARTÓNS REGALO CON VALES DE COMPRA

Os clientes que compren estes días nos establecementos comerciais de Ribeira poderán optar a algun dos 26 cartóns regalo que se sortearán dentro da campaña AS COMPRAS NA TÚA VILA TEÑEN PREMIO. En total, hai 3.000 euros en premios. Trátase dunha iniciativa organizada pola Federación Galega de Comercio, en colaboración coas federacións provinciais, a Dirección Xeral de Comercio, Caixa Galicia, a Asociación de Comerciantes de Ribeira e Viamare.

Precisamente, coincidindo co inicio da campaña, onte presentouse publicamente esta iniciativa, coa presenza do presidente da federación galega, José María Seijas; o seu homólogo da federación da Coruña, Miguel Agro; o da patronal ribeirense, José Paz, e o concelleiro de Comercio de Ribeira, Vicente García.

A iniciativa empezou onte e prolongarase ata o día 30. Os clientes que compren en calquera pequeno comercio de Ribeira nestas datas poderán achegarse ata unha carpa situada no Dique para que lles selen o billete e entréguenlle un cupón para entrar no sorteo de dous vales de compra de 300 euros e vinte e catro de 100 euros cada un. Os que teñan o cartón do Comercio Galego terán dereito a un dobre boleto. O sorteo terá lugar o día 30 ás 19.00 horas.


REPERCUSIÓN

«Buscamos incentivar as compras, e de feito tratar de premios que van volver repercutir nos comercios dá vila», explicou José María Seijas. Este é o segundo ano que a federación pon en marcha a campaña, aínda que é a primeira vez que chega a Ribeira. Ademais da capital de Barbanza, tamén participarán na iniciativa Xinzo, Baiona, Foz, O Carballiño, Lalín, Melide e Ribadeo.

Miguel Agro destacou a importancia desta idea: «En momentos de crise é esencial facer estas campañas». Mentres, José Paz agradeceu o apoio dos organizadores e relatou as vantaxes da iniciativa. Pola súa banda, Vicente García animou aos veciños a comprar en Ribeira e deu as grazas á federación por elixir esta cidade.

Fuente: la voz de galicia


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Páxina oficial de Riveira

Páxina oficial do Concello de Riveira
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.