www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



RIBEIRA: A MOSTRA DE TEATRO INTEGRA NOVE REPRESENTACIÓNS E SERÁ CLAUSURADA CUNHA OBRA DO DRAMATURGO LOCAL QUICO CADAVAL
 
 Enviada o 18/10/2010 na categoría: Novas
COMEZA O SÁBADO 16 DE OUTUBRO E REMATA O VENRES 3 DE DECEMBRO CON "SHAKESPEARE PARA IGNORANTES''


Un total de nove representacións dramáticas que terán lugar entre o 16 de outubro e o 26 de novembro conforman o programa da Mostra de Teatro, que foi presentado hoxe polo concelleiro de Cultura e Festexos, Luciano Fernández, e polo director da Escola Municipal de Teatro, Segundo Chiki Durán.


A primeira delas terá lugar o mencionado sábado día 16 coa posta en escena de “O meu home tolea” por parte da compañía Ad Libitum. O venres 22, o Teatro de Cámara Ditea interpretará a peza “Aquí cheira a morto”, mentres que o domingo 24 tocaralle o turno a S.C.A.R. A Pombiña coa obra “Ao son dos novos”. Pechando o mes de outubro, o venres 29 actuará Acontrabutaca Produccións con “Un morto moi vivo”.


No mes de novembro, o venres día 5 de novembro participará Teatro do Improviso con “O lado torto do mundo”, mentres que o venres 12 o Grupo Municipal de Teatro de Ames escenificará “Cal Valentín”. Sete días despois, o 19, o Teatro Candelexas subirase ás táboas do Auditorio Municipal para representar a obra Faladoiro no Banco” e o venres 26 actuará Talía Teatro con “Volpone”.

COLOFÓN DE OURO COM QUICO CADAVAL


QUICO CADAVAL EN "SHAKESPEARE PARA IGNORANTES"


Pechando a Mostra de Teatro 2010, e xa no mes de decembro, o venres 3 contará coa presenza nas táboas do Auditorio do director ribeirense Quico Cadaval, quen recalará no seu municipio para dirixir “Shakespeare para ignorantes”, unha obra escenificada por Mofa e Befa na que o propio Cadaval oficia como mestre de cerimonias.


Cadaval cre que Shakespeare é a persoa máis importante da Humanidade


Todas as obras desenvolveranse no Auditorio Municipal. As que se celebren os venres e sábado comezarán ás 21.30 horas, mentres que as programadas para o domingo terán lugar ás 19 horas. Poderanse recollerse as entradas media hora antes das funcións.

Fuente: http://certo.posterous.com/


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Busca Costaweb

Ter todos os enlaces de internet da zona. E un proxecto ambicioso e intentamos consegi-lo. Axudanos si non está algunha que vostede coñeza. INFORMANOS.
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.