www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



NOIA: VOLVEN DARLLE VOLTAS AO DA ESCOLLEIRA E A REXENERACIÓN DA RÍA NOIESA NO PARLAMENTO DE GALICIA
 
 Enviada o 18/10/2010 na categoría: Novas
O Bng pide que non se retire a escolleira pero se rexenere a Ría, na que se estima hai 400 hectáreas cheas de lama. O PP vota que si co Bng e os socialistas votaron en contra.   


A polémica entre as diversas administracións sobre a retirada ou non da escolleira de Noia, así como a sempiterna promesa incumprida en varias décadas de rexenerar a Ría, voltaron hoxe ao Parlamento. Desta volta foi o Bng o que acadou un acordo xunto do Partido Popular e co voto en contra dos socialistas.


NOTA DE PRENSA DO BNG:
A deputada do BNG Ana Pontón defendeu hoxe no Parlamento galego unha proposición non de lei ao fin de que a Xunta encete as xestións precisas e se dirixa ao Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño co obxecto de revisar o proxecto de demolición da canle de acceso a Noia e redacte un verdadeiro proxecto de rexeneración no ámbito das súas competencias, investindo á maior brevidade posible as  cantidades precisas.
Asemade, o acordo acadado na Cámara galega pola parlamentaria nacionalista obriga ao Parlamento a instar á Xunta a executar no ámbito das súas competencias as actuacións necesarias para acadar o saneamento e depuración integral da ría Muros-Noia articulando as medidas necesarias para levar adiante un proceso de rexeneración desta ría.
Ana Pontón explicou na súa intervención que esta  iniciativa do BNG responde á importancia da ría de Muros-Noia como “principal recurso económico da comarca” e considerou que debe existir un “compromiso firme das administracións públicas” para atacar e resolver os problemas derivados da calidade das augas que limitan  a súa capacidade produtiva e económica.
Para Pontón, as accións encamiñadas á completar a depuración e saneamento desta ría “son insuficientes” xa que seguen existindo núcleos de poboación que “aínda a estas alturas non teñen completado este sistema e seguen producíndose vertidos contaminantes”.

Por outra parte, Pontón tamén se referiu a “acumulación de fangos nas zonas interiores da ría” e segundo algúns estudos -dixo- hai 400 hectáreas invadidas polos lodos sendo, hai anos, zonas produtivas que creaban postos de traballo e cun importante desenvolvemento económico para a comarca.
Ademais,  a parlamentar aludiu á recuperación do porto histórico de Noia como “elemento dinamizador económico” e dende o BNG –aseverou- “non compartimos o proxecto do Ministerio de Medio Ambiente denominado de demolición do canal da escollera de acceso ao peirao do Marqués de Noia” porque “lonxe de solucionar os problemas da ría, inviabiliza a recuperación do porto histórico.”
O acordo foi acadado logo da transacción dunha emenda do grupo popular e cos votos en contra dos socialistas.

Fuente: http://certo.posterous.com/noia


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Informática Costaweb

Nesta web damos información de todos os productos informáticos que podemos ofrecer cos seus respectivos precios
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.