www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



AROUSA NORTE BOTA MAN DO TEATRO E A LITERATURA PARA ATRAER VISITANTES
 
 Enviada o 18/10/2010 na categoría: Novas
ESTÁ A PERFILAR UN PAQUETE TURÍSTICO QUE INCLÚE VISITAS DRAMATIZADAS POLA POBRA E RIANXO


Aproveitando os que son nestes momentos os seus produtos estrela, os bonos gastronómicos e os de turismo rural, a mancomunidade Arousa Norte decidiu dar un paso máis e colocar no mercado paquetes de estancias literarias. Do que se trata é de ofrecer aos visitantes a posibilidade de facerse con cheques que inclúan aloxamento, comida e unha alternativa de lecer singular: visitas teatralizadas polas terras nas que no seu día viviron e serviron de fonte de inspiración a Valle-Inclán, Castelao, Dieste e Manuel Antonio.
Estas visitas teatralizadas permitirán aos turistas penetrarse nas dúas grandes vilas literarias de Barbanza, A Pobra e Rianxo, dun xeito moi especial, pois de guías exercerán actores afeccionados que botarán man de coñecidos personaxes dos escritores en cuestión.


O primeiro ensaio deste novo produto tivo lugar na tarde do sábado. De turistas exerceron os propios técnicos de Arousa Norte, co fin de poder así facer balance da experiencia e apuntar posibles modificacións para mellorala. Como esceario se elixiu a localidade pobrense, onde precisamente se están desenvolvendo as xornadas de homenaxe a Valle-Inclán.


A visita polo museo dedicado ao creador do esperpento foi guiada por un dos seus personaxes, O Cego de Gondar, quen tamén conduciu aos singulares turistas por diversos recunchos vinculados ao escritor, como Villa Eugenia, a Casa Grande de Aguiar ou os xardíns Valle-Inclán.


SESIÓN PARA POLÍTICOS


A experiencia repetirase o próximo fin de semana cun novo grupo, neste caso formado por políticos e técnicos dos catro concellos de Arousa Norte: RIBEIRA, BOIRO, A POBRA E RIANXO. Posteriormente, a partir do 30 deste mes e ata o 19 de decembro, os destinatarios serán as persoas que se aloxen nas casas de turismo rural da comarca. De feito, xa está confirmada, para os días 4 e 5 de novembro, a visita de dous grupos de alumnos dos cursos internacionais que promove a Universidade de Santiago de Compostela.
Os estudantes son, xunto coas familias, os principais destinatarios deste paquete deseñado por Arousa Norte. Ademais das visitas teatralizadas pola Pobra, neste produto inclúense experiencias similares en Rianxo, onde de guía exerce un mariñeiro tipo das ilustracións de Castelao, que proporciona aos visitantes información sobre os escritores e curiosidades sobre a vida na vila.


No paquete tamén figuran sesións de contacontos que, co fin de ampliar o ámbito de influencia da iniciativa, terán lugar en Boiro (Casa do Prado) e en Ribeira (Ateneo Valle-Inclán). Neste caso, as historias virarán ao redor da Aldea Maldita de Abuín.

Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Busca Costaweb

Ter todos os enlaces de internet da zona. E un proxecto ambicioso e intentamos consegi-lo. Axudanos si non está algunha que vostede coñeza. INFORMANOS.
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.