www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



BOIRO: A BIBLIOTECE ORGANIZA CONTACONTON OS XOVES ATA DECEMBRO E UN CLUBE DE LECTURA PARA ADULTOS
 
 Enviada o 18/10/2010 na categoría: Novas
A Biblioteca Municipal do Concello de Boiro (ubicada na casa da cultura “Ramón Martínez López”) vai pór en marcha esta semana actividades para o fomento da lectura.


Por unha banda, haberá sesións de contacontos cada xoves, dende este 15 de outubro, ata o xoves 16 de decembro. Están dirixidas a nenos de 2º e 3º de Educación Infantil, en horario de catro e media a cinco e media da tarde. Hai que anotarse antes. Para inscricións, acudan á mesma biblioteca ou chamen ao 981 848410


Pola outra, fórmase un club de lectura para adultos maiores de 17 anos. Será tamén os xoves, ás cinco e media da tarde, pero non comeza ata o 4 de novembro. Segundo explican dende o Concello, "o Club de Lectura é un grupo de lectores que se reúnen periodicamente para comentar un libro lido na casa. Nas reunións coméntase o lido e o impacto que tivo no lector: temáticas, estilo, acción, personaxes e, por suposto, sentimentos ou reflexións evocados polo texto. Non é unha reunión para especialistas en crítica literaria, nin para profesores de literatura, senón para lectores comúns. O obxectivo principal do Club de Lectura non é a análise exhaustiva da obra literaria senón incrementar o pracer da lectura ao compartilo con outros".


Quen estea interesado en participar no club e non poida participar nese horario (17:30) poderá comentar e debater a través de Internet no blogue do Club de Lectura. O primeiro libro a comentar no club será: “84, Charing Cross Road”, de Helene Hanff. En outubro de 1949, Helene Hanff, unha escritora moza descoñecida, envía unha carta dende Nova Iorque a Marks & Co., a librería situada no 84 de Charing Cross Road, en Londres. Apaixonada, maniática, extravagante e moitas veces sen un peso, a señora Hanff reclámalle ao libreiro Frank Doel volumes pouco menos que inatopables que calmarán a súa insaciable sede de descubrimentos. Vinte anos máis tarde, continúan escribíndose e a familiaridade remata converténdose nunha intimidade case amorosa. Esta correspondencia excéntrica e chea de encanto é unha pequena xoia que evoca, con infinita delicadeza, o lugar que ocupan na nosa vida os libros e as librarías.


A biblioteca prestará os exemplares dos libros aos participantes do club. As sesións do Club de Lectura empezarán o xoves 4 de novembro.



Para inscribirse poden dirixirse á Biblioteca municipal (Casa da Cultura), por teléfono 981 848410 ou enderezo electrónico boiro@rbgalicia.org
Seminario en Holanda


Este mércores, 13 de outubro, terá lugar a presentación dun seminario que se vai celebrar en Holanda do 18 ao 25 de outubro no que participa o Concello de Boiro dentro do programa de voluntariado "Xuventude en Acción". Este seminario insírese dentro do "I Love Culture", un proxecto global posto en marcha para crear o primeiro portal cultural global en liña (http://www.iloveculture.eu) onde se recollan entidades e proxectos que traballen no eido da xuventude a nivel internacional. A este seminario acudirá, en representación do Concello, a técnica Margarita Sampedro.

Fuente: http://certo.posterous.c


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Páxina web oficial de Carreira

Páxina web oficial da Parroquia de Carreira
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.