www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



CONTO: A BOA MEMORIA (J. E. Bóveda)
 
 Enviada o 15/10/2010 na categoría: Novas
A BOA MEMORIA

Contaba Juan Eslava Galán nun encontro en petit comité (valla o galicismo) que tivemos o día doce pasado grazas a esta casa (Xornal Certo) que súa novela La Mula está baseada en feitos reais acontecidos ao pai do propio autor en tempos da guerra civil e que, como seu pai tiña por costume ler todos os traballos de Galán, deulle o manuscrito para que gozara cos reflexos da súa vida e se identificara nas páxinas. O pai, que daquela era un ancián que xa tiña a lenda vital cumprida e os achaques propios dunha idade avanzada, leu o libro, achegouse a el e besbelloulle cun fío de voz abondo para que non o escoitaran outras persoas: "¿Es cierto que me acosté con una falangista?" nunha fragante falta de memoria. "No papá", respondeu Eslava Galán, "éso es un añadido de mi invención".


E é que cantas veces descoñecemos se será mellor ter mala ou boa memoria. Pois a nivel individual tela boa pode implicar moitas vantaxes que vostede pode enumerar, pero tamén esa boa memoria pode ser a responsable de traer cousas ás que tería sido mellor botar terra. E a nivel colectivo ou social ter boa memoria pode ser un paso importante para establecer unha xustiza histórica, pero o malo é cando se enfrontan dúas memorias boas que lembran un mesmo feito remoto e cada unha o interpreta ao seu xeito; mantendo tensas opinións encontradas que non veñen moito a conto. Que non son de recibo porque nos levan a repetir os erros do pasado.


Supoño que neses casos requírese a intervención dunha terceira persoa con boa memoria e que non teña implicación directa nos feitos encontrados. Un observador documentado que poida analizar dun xeito frío e imparcial e emitir un xuízo válido para as xeracións futuras e para esoutras persoas que non teñen boa memoria. Aquelas (que as hai) que viven unha nova vida cada día que espertan, e que por iso mesmo non teñen consciencia nin perspectiva das súas vidas, pensándose vividores soamente do último día que vivan e preguntando se son certas, cousas que se din deles. Quen sabe se en certos aspectos trascendentes do pasado que se presentan como irresolubles non nos conviría resetear os miolos dun día para o outro. Non botarlle terra, enténdanme, pero ou se lembra correctamente ou é mellor non lembrar.


JORGE EMILIO BÓVEDA
http://www.jorgeemilioboveda.es

Fuente: http://certo.es/index.php?page=a_boa_memoria


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Museo de Artes

Páxina web do museo de Artes
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.