www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



ESCÁNDALO: A Deputación de Pontevedra esixe aos concellos da provincia o envío da documentación en castelán
 
 Enviada o 15/10/2010 na categoría: Novas
ESCÁNDALO: A Deputación de Pontevedra esixe aos concellos da provincia o envío da documentación en castelán

O pasado 24 de setembro, o Servizo de Cooperación da Deputación de Pontevedra remitiulles aos concellos da provincia un fax con motivo da prorrogación de obras incluídas no Plan de Cooperación en vigor. No escrito, alértase sobre tres requisitos fundamentais, o primeiro dos cales é que La solicitud tiene que venir redactada en castellano. Un requisito a todas luces ilegal e intimidatorio, pero que pode surtir efecto en moitas corporacións locais. ISTO SI É IMPOSICIÓN LINGÜÍSTICA!

No fax ao que tivemos acceso suliñase
LA INSCRIPCION EN LAS ACTAS DEBE DE SER INTEGRAMENTE EN CASTELLANO

Unha fábula sobre o trilingüismo: “La falda de Carolina”

A política de ataque á lingua galega comandada por Feijoo & Rueda e executada por Vázquez & Lorenzo xa mostra os seus primeiros froitos. Por un lado, os pais e nais comezan a protestar por teren que comprar libros en español mentres os libros en galego das mesmas materias fican condenados aos poróns dos centros educativos. Pero non é diso do que pretendemos falar hoxe.

As consecuencias máis sutís son case sempre as máis perigosas, e temos un exemplo contundente que é boa mostra diso. Dádelle unha ollada a este PDF (facede clic neste enlace ou na imaxe para ter acceso ao documento completo) e despois continuamos.

O argumento da fábula está claro: o trilingüismo consiste en promover dúas linguas para que se fale unha. Onde se fala de galego, español e inglés, exclúese o galego e mantense o inglés: vede na segunda folla que as cancións en lingua inglesa non se traducen. Mentres tanto, faise unha versión en español dunha canción popular galega tan emblemática como "A saia de Carolina". Cal é a consecuencia? Evidente: facer que sexa o español a lingua de acceso aos elementos máis innegablemente autóctonos da identidade galega. Dese xeito, os nenos falantes de español non teñen a necesidade de aprender o galego como ferramenta de acceso á súa cultura e identidade colectiva; e os que falan galego, vense desprazados mesmo naqueles ámbitos de predominio até agora indiscutibles da lingua vernácula, propiciando un total estrañamento.

Por certo, postos a traducir, por que non facer unha versión inglesa "Caroline's skirt"? Se dunha cuestión de acceso ao mercado se trata, certamente a lingua inglesa sería a mellor escolla. Outra pregunta: o que dirían os medios se os nenos galegos aprendesen "Mi carro me lo robaron" en galego?

Unha última consideración: Feijoo & co. non son directamente responsables da decisión dunha editorial, e non seremos nós quen distorzamos a realidade para presentalos como tales. Con todo, non hai como negar que este tipo de actitudes só son posibles no clima inquisitorial que eles crearon, polo que si deben ser considerados autores intelectuais de dislates como o presente.

UN CONSELLEIRO CONTRA AS CORDAS E UN PRESIDENTE MACARRA

Como consecuencia da denuncia presentada en maio de 2009 polo PSdG, Agustín Hernández - conselleiro de medio ambiente, transporte e infraestruturas- acodía onte a declarar ao TSXG sobre o presunto delito de falsedade documental por certificación dunha obra non realizada na súa anterior etapa na Dirección de Infraestruturas da Deputación de Pontevedra. Por esa certificación, a empresa Sercoysa - para a cal traballara o propio Hernández antes de incorporarse á Deputación - pudo cobrar 292.000 €.

A crónica da comparecencia xudiciaria pode consultarse no Xornal de Galicia de hoxe mesmo. Nela documéntase que o Conselleiro, pese a declararlle o contrario aos xornalistas, negouse a manifestarse diante do xuíz sobre certas cuestións, acolléndose ao dereito constitucional de non declarar contra un mesmo.

A presunción de inocencia debe ser desmontada xudicialmente, sen dúvida. Pero as responsabilidades políticas están aí. E son gravísimas. Como xa tivemos ocasión de manifestar en abril neste blog, o propio Feijóo deu por sentada a comisión da falsedade documental, desde o momento en que, para defendelo politicamente, lle fixo ao Conselleiro o fraco favor de inventarlle unha escusa absolutoria que non figura no vixente Código Penal: a falsedade está xustificada porque se trataba de non perder fondos comunitarios.

Hai uns días, o propio Feijóo insistiu en que lle daba apoio incondicional ao seu Conselleiro porque estaba convencido de que "non meteu a man na caixa". Saltándose o código ético do propio Partido Popular (algo que parece xa ser unha contradictio in terminis), Feijóo acaba agora de reescreber o código penal do funcionario público, facendo desaparecer os variados tipos penais que non teñen que ver coa apropiación indebida ou as malversacións de caudais públicos. Entre eles, a falsedade en documento público, tipo penal para cuxa integración non se precisa en absoluto "meter a man na caixa".

En realidade, Feijóo está pechando filas porque sabe que a responsabilidade penal de Agustín Hernández derivaría directamente na súa propia responsabilidade política, pois el foi quen nomeou ao Conselleiro. E para evitar este escenario, Feijóo ponse macarra: somete ás institucións xudiciais do Estado de Dereito á chantaxe de enfrontarse DIRECTAMENTE ao poder político directamente elexido polos cidadáns.

A mensaxe enviada por Feijóo o 1 de xullo á Sala do Penal do TSXG é clara: "Se condenades ao conselleiro por un quítame allá esas pajas, estaredes atacando ao Presidente da Xunta e ao PP. Alá vós". Algo moi parecido ao que Camps fixo en Valencia para evitar a condena polos seus traxes dadivosos.
Tampouco Camps meteu a man na caixa...

Fuente: http://feijoomente.blogaliza.org/?p=1836


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.