www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Só dous concellos da comarca ofertan este curso o plan madruga
 
 Enviada o 15/10/2010 na categoría: Novas
Os cursos que hai polas tardes en todos os municipios teñen un gran éxito e en moitos hai lista de espera

A Pobra e Lousame permiten aos proxenitores deixar aos seus fillos na escola antes do inicio das clases

Conciliar a vida laboral e familiar é o soño de moitos proxenitores. Entre os servizos que se ofertan dende a Administración pública para facilitar esta tarefa está o chamado plan madruga, é dicir, un servizo mediante o que os pais que traballan poden deixar os seus fillos no colexio varias horas antes de que comecen as clases, coa garantía de que estarán debidamente atendidos.

Na comarca, só dous concellos ofertan este servizo. Trátase da Pobra e de Lousame, e no programa participan un total de 54 nenos. Boiro é outro dos concellos que dispuña desta prestación, aínda que por falta de solicitudes tiveron que suprimilo.

No caso da Pobra, o plan tomou o nome de Wake up! (Madrugadores en inglés,) e é a empresa Diversia a que se encarga de organizar as actividades. Desta forma, os colexios Salustiano Rei e Fernández Varela abren as súas portas de luns a venres entre as 6.30 e as 9.30 horas. Ademais das actividades lúdicas, de animación á lectura e de manualidades -todas elas trilingües, en galego, castelán e inglés-, os pequenos tamén poden ter un almorzo completo e saudable por 2 euros ao día.

DESCENSO DE SOLICITUDES

En total, participan 34 nenos, unha cifra que baixou considerablemente con respecto á do ano pasado, segundo explica a xerente de Diversia, Branca Abel: «O ano pasado había unhas cincuenta persoas. Creo que a baixada débese, en gran medida, a que hai máis xente no paro. Isto provoca que, por unha banda, haxa máis tempo para estar cos fillos e xa que logo menos necesidade deste servizo. É triste, pero moitos quedaron sen vida laboral, así que se poden dedicar só á familiar. Por outra banda, debido á crise, a Xunta recortounos un pouco a subvención, e en lugar dun euro ao día hai que pagar dous, e hai quen non pode permitirse iso», comenta.

No caso de Lousame, este servizo leva por título Canguraxe. No colexio Cernadas de Castro atenden a 15 nenos a diario e a outros cinco de forma eventual. Os pequenos poden pasar no centro entre as 7.30 e as 10.00 horas. Nese tempo, participan en obradoiros, xogos nos que se fomenta o uso do inglés, actividades variadas e tamén poden almorzar. Neste caso, o almorzo teñen que levalo de casa.

AS TARDES

Onde hai máis variedade de opcións é á hora de elixir actividades pola tarde, que se ofertan en todos os municipios da comarca, organizadas polos concellos ou as APA. En Outes, por exemplo, a educadora familiar, Juana Pedrosa, explica que teñen en marcha un programa de apertura de centros públicos a partir das 16.00 horas para ofrecer distintos reforzos educativos. Ademais, no colexio da Serra hai clases de inglés e talleres a partir das 14.30.

En Carnota teñen actividades todas as tardes de 15.30 a 21.00 horas para nenos maiores de 3 anos. Tamén o Concello de Porto do Son dispón de talleres e deporte polas tardes, unha oferta que se complementa coas iniciativas que organizan as APA. O Concello de Boiro ofrece actividades deportivas e sociais polas tardes. O éxito desta proposta é tal que antes de pecharse o prazo de matrícula cubríronse todas as prazas e hai lista de espera. En Muros hai uns trescentos nenos que participan nas actividades gratuítas que oferta o Concello polas tardes.

En Lousame, teñen tamén un servizo itinerante de biblioteca e ludoteca: «É un Concello moi diseminado e rural, así que temos que achegar a oferta ás parroquias», explica o alcalde, Santiago Freire.

Fuente: La voz de galicia


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Busca Costaweb

Ter todos os enlaces de internet da zona. E un proxecto ambicioso e intentamos consegi-lo. Axudanos si non está algunha que vostede coñeza. INFORMANOS.
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.