www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



MARTIRES DE CANS: 12 DE OUTUBRO HOMENAXE EN NEBRA (Porto do Son)
 
 Enviada o 11/10/2010 na categoría: Novas
October 1, 2010

* Edit
* Delete
* Autopost

Porto do Son: o 12 de outubro, nova homenaxe aos mártires de Nebra, no 94 cabodano

Porto do Son, 1 de outubro de 2010. O vindeiro martes 12 de outubro terá lugar a undécima edición da Homenaxe aos mártires de Cans, en Nebra. Toda a información na invitación e o cartaz. Se quere saber que pasou en Cans en 1916, está ben explicado neste vídeo de Paco do Martelo, un dos organizadores.

Os sucesos de Cans, xunto cos de Sofán e Oseira, foron lembrados polo rianxeiro Daniel Rodríguez Castelao no seu arquicoñecido Álbum Nós. Teñen tamén un bo resumo neste blog.

ACLARANDO A HOMENAXE

Un ano máis, e xa van 3, a homenaxe aos mortos de Cans acaba sendo noticia polo motivo equivocado. Polo tanto, déixenme recapitular para saber o que ocorre.

Dende hai 10 anos, e por iniciativa propia, veño organizando este acto coa mellor das intencións, aberto á colaboración das persoas interesadas no feito. Naquel tempo, militaba no BNG, pero nunca busquei converter este acto nun evento político ou privado; os descendentes das vítimas merecen un respecto e eu, consecuente del, non empreguei ningún elemento nacionalista no mesmo, como se pode observar na foto que encabeza a crónica de prensa de La Voz de Galicia da primeira homenaxe, Veciños de Nebra renden tributo as vítimas dunha carga policial en 1916, a bandeira galega colocada na ponte de Cans, só ten un crespón negro, ningún elemento nacionalista.

Para o segundo ano, sendo consciente xa dende que comecei con isto que anos atrás houbera un intento de facerlles un monolito, pedra que desapareceu, decidín recadar fondos mediante a venda de camisetas e lotaría (financiada por Autos Loreto), para erixir un monumento na súa lembranza. O resto, veu dunha doazón dun neto de Antonio Sobrado Luaces, do BNG e da miña parte, sen contalo traballo.

Nebra Cans 2001
Foi ese segundo ano, grazas á miña militancia no partido, cando me pediron autorización para imprimilo cartaz anunciando a inauguración do monolito, de aí que o logotipo do BNG apareza nel, aínda que o primeiro imprimino eu, e logo eles fixeron unha versión alternativa con fotocopias da prensa da época. A partires do terceiro paso a contar con creacións orixinais do meu fillo o que xa non debeu de gustarlles, pois pola súa man e aproveitando que estou emigrado en Palma de Mallorca, engádenlle a posterior o anagrama. Será a partires do cuarto cando se deixara de contar coa "colaboración" do BNG en forma de logotipo (inda que imprimen os carteis ata o 2006), pois, nun primeiro momento se aceptara baixo a premisa de que tiñamos obxectivos comúns (a lembranza destas persoas), pero co paso dos anos, era evidente que perseguían outros obxectivos.

Neste punto convén deixar claro que a colaboración non pasou máis que da impresión dos carteis, polo demais, ningún ano puxeron ou aportaron ren para o ramo de flores (sempre os paguei eu). Nos seguintes anos, non se lles impediu a súa presenza, faltaría máis, os carteis anunciaban un acto aberto, sen ningún selo, e as crónicas dos xornais establecían a presenza de militantes, non que fose organizado por eles. Polo demais, se asistían estas persoas ao acto, sempre seria baixo a súa idea, non se obrigou a ninguén.

Porque agora teiman en poñer por diante o anagrama político? Cabe lembrar as verbas do militante Santiago Suárez, no 2003 (3ª homenaxe) nunha entrevista de La Voz de Galicia: Queremos lembrar unha parte da historia sonense

«a idea foi dun veciño de Nebra, coñecido como Paco de Martelo» «Paco empezou a recadar fondos entre os veciños. Acadáronse máis de 120 euros para a financiación do monumento, no que tamén colaborou o BNG».

Velaí está a confirmación, en boca desta persoa, o actual presidente da Comunidade de Montes, afirmando quen foi o impulsor da homenaxe, renegará agora das súas verbas?

Non poño en dúbida que toda esta contra-homenaxe dende o 2007 está orquestrada por esta persoa, co visto e prace do BNG de O Son. Para ese ano 2007, a súa convocatoria unha hora despois da miña creou confusión na xente que ao final non asistiu a ningunha (só había militantes). Neste ano lémbranse de poñer flores pola súa conta, máis non esquecen de poñerlle o logotipo por canto lado teñan as fitas que o engalanan.

O ano pasado, 2008, aproveitando as obras de saneamento e colocación de beirarrúas en Cans, solicítolle ao concello unha pequena modificación sobre a marcha, para destacar o entorno do monolito. Así, acepta facer modificacións e, adicionalmente, comprometese a poñer unha placa na que contar, de xeito resumido, os feitos. Con estas, ese ano acordo facer no cartel a mención á colaboración do concello, aparte de agradecerlle a impresión dos carteis, tanto ese ano coma o anterior.

Con motivo da inauguración da placa, convocase ao alcalde, como debe ser, e, xa días antes a militancia do BNG de O Son faime saber o seu descontento por esta presenza. Quen son eles para decidir quen pode ou non asistir a un acto aberto? Para dar a nota, ese ano fixeron acto de presenza cunha bandeira nacionalista, e, para darse importancia, no discurso de Ánxela Franco (outra cousa que tampouco se lles prohibiu, adicar unhas verbas no acto), entre palabras sen sentido co acto en si, escápaselle que levan «6 anos organizando isto». Mágoa que esa era a 9ª edición da homenaxe.

Logo do acto tentei aclararlles a fin desta homenaxe, e a gran equivocación que cometen afirmando que sempre o fixeron eles. Dando por suposto que entenderon a situación, este ano non me preocupei de que volvese ocorrer o mesmo. Visto o relatado, quen estaría no seu dereito a convocala homenaxe?

Pois non se renden, de novo unha contra-homenaxe, e de novo "súalla" o que diga eu. Estando o meu acto anunciado no Concello e en Cultura (isto non obriga a nada, pero faino un pouco máis oficial), sendo eu a persoa responsable do mesmo (se alguén se interesa polo acto no concello vanlles remitir ao meu teléfono), o único que argumentan é que tiña que ter contactado con eles para facer o acto conxunto... sen contar que o encargado de realizar a contra-homenaxe négase a falar comigo, e ninguén lle pode impedir facer o acto, porque o di el.

Por certo, destacar que, ante a presunta desaparición dun cartel da "súa" homenaxe, esta persoa non dubidou en chamar por teléfono para acusarnos. E sospeitosamente, agora está o seu nese sitio e desapareceu o meu. A min non se me ocorreu chamarlle cando vin que, o que eu puxera na igrexa ao mediodía, non estaba á tarde e si o seu.

Cal é a realidade desta teima? Pois hai anos o BNG de O Son encargábase da homenaxe a Ramón Sampedro, pero por desinterese, "escapóuselles" o acto en mans doutra xente, e, en palabras textuais da propia xente do BNG, «non queren que o de Cans tamén se lles escape». A alguén lle parecen argumentos? Eu agardo (sen mala fe) a que fagan unha contra-homenaxe no acto de Sampedro, xa que ninguén llo pode impedir como din no caso de Cans.

Pouco queda que dicir dunha xente que entende un acto de homenaxe como unha maneira de recadar votos, e como mostra, unha réplica que fixeron no Chuza, a onde remitiron a anterior entrada: Homenaxe os caidos en Nebra:

«nos últimos anos esta homenaxe estase tinxindo de polémica, a raíz de que un partido político tenta facer "política barata" con esta homenaxe. Dende logo, o que hai que lamentar é que por culpa deses impresentables, esta homenaxe colla mala fama en Nebra.»

RELEMBRO EN "NOS" POR DANIEL CASTELAO

Labregos

Como vedes xunto cas derradeiras entradas estamos subindo alguns traballos de CASTELAO. Conocido por todos en Galiza, fora poucas persoas saben da sua obra e traxectoria política (Foi deputado nas últimas Cortes da segunda Republica)

Cuando conocí por primera vez certo debuxo, quedéime coa dubida. A quénes se refire Castelao? Quénes foron os que morreron en Oseira, Nebra e Sofán?


Gracias a Internet, o que sería una ardua labor de búsca en fondos bibliográficos especializados e hemerotecas solucionase nuns milisegundos.

1.- Traxedia en Oseira

O 22 de Abril de 1909, os veciños reúnense no Mosteiro de Oseira para impedir o expolio do retablo do altar maior ordeado polo bispado. O bispo chama á Garda Civil, 23 efectivos que abren fogo contra os paisans matando a nove de eles.

María Paz Fernández, de Vilaenfesta, de 14 anos; Ramón González Fernández, de 40 anos, de Tanxil; Baltasar Fernández de 70 anos, de San Martiño; María González Rodríguez de 23 anos, de Betar; Angel Cibeira Trigo, de 70 anos; José Moure Gil; Manuel González Guerra, de Aspera, de 35 anos, máis outros dous feridos graves cuxa morte era inminente ao relatalos feitos.

2.- OS MÁRTIRES DE CANS (Nebra)

Estamos en Outubro do 1916. Unha manifestación contra a pretensión do alcalde de Porto do Son de embargar a aqueles que se negaran a pagar un imposto especial é reprimida pola Garda Civil, enviada polo alcalde, cun saldo de 30 feridos e 5 mortos.

Antonio Sobrado Luaces, Francisca Carou, Ramona Suárez Pouso, Xenerosa Vidal, Rosa Cadórniga Maneiro.

3.- A masacre de Sofán (Carballo).

As autoridades clausuran o cemiterio vello pero o pobo segueo usando, incluso de noite, clandestinamente, para enterrar aos difuntos. O día 16 de Febreiro de 1919 o cortexo fúnebre dun neno de catro anos é detido pola Garda Civil camiño do cemiterio. De novo son mulleres as caídas, esta vez exclusivamente:
Josefa Bolón Mato, María Caamaño Pallas, Carmen Veira Souto y María Serrano Paz.

Os tres sucesos teñen un fio común: un campesiñado que empeza a tomar concienza dos seus dereitos e enfrontase a os poderes establecidos. A Igrexa e os oligarcas advirten con receo esa creciente organización do pobo e reaccionan enviando os seus cans de presa para que den escarmentos singulares.

Esa é a razón de ser da Guardia Civil: someter á poboación, disparando incluso contra mulleres, nenos e ancians, para defendelos privilexios das clases acomodadas. Ésa é a honra, a do can gardián, asesino, da que fan hoxe sua divisa.

Fuente: http://certo.posterous.com/porto-do-son-o-12-de-outubro-nova-homenaxe-ao


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

O sitio da Festa da Dorna

Páxina web oficial da Cofradía da Dorna
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.