www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



PORTO DO SON: "MAR" CURTA DE SONCINE PREMIO EN OURENSE
 
 Enviada o 11/10/2010 na categoría: Novas
Cinema: "Mar", curta de SonCine, do instituto de Porto do Son, premiada no Festival Internacional de Cinema de Ourense.

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, gabou hoxe “o importante labor de promoción do galego no ámbito audiovisual” que se leva a cabo a través do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF) na súa sección OUFF Escola. Anxo Lorenzo fixo estas declaracións durante a rolda de prensa previa á entrega de premios deste certame, que tivo lugar esta mañá no Auditorio Municipal de Ourense. Entre os premiados está "Mar", que se levou un segundo premio na categoría B (niveis de ensino non universitario) e que lles supón 400 euros para o centro e unha cámara de vídeo para o profesor. Tamén se presentou unha curta do IES A Cachada de Boiro, O Reversador, pero non foi premiada.

Centros galegos premiados

Nesta segunda edición do Certame OUFF Escola participaron un total de 61 proxectos, fronte aos 34 do ano pasado. O mellor traballo na categoría de infantil e primaria foi Un camiño inesquecible, do CEIP A Igrexa – Calo, en Teo. O segundo premio foi para o CEIP Mestre Valverde Mayo de Mos, polo traballo Quen é ese neno. O CEIP A Carballeira, de Lourizán, en Pontevedra, fíxose co terceiro premio desta categoría grazas a A maldición do Samaín, mentres que o Premio Blanco Amor ao mellor guión foi para Un propósito constante, do CEIP Carballedo, en Cotobade.

Na categoría do resto de niveis de ensino non universitario, o primeiro premio foi para o traballo Xemelgos, presentado polo IES Europa de Ponferrada. O IES Porto do Son, xa citado, mentres que o terceiro premio foi para Dairas, do IES Manuel García Barros da Estrada. Smóking pesadelo, do CPI Cabo da Area, en Laxe, foi galardoado co Premio Blanco Amor ao mellor guión.

Finalmente, o xurado propuxo dúas mencións especiais nesta última categoría. A primeira delas, polo valor documental, concedeulla ao filme Curros 1936, do IES de Barro, en Pontevedra. Recibiu tamén mención especial Sen saída, do IES Lauro Olmo, do Barco de Valdeorras.
O Certame OUFF Escola

Ademais de fomentar a creatividade audiovisual e de impulsar o uso da lingua galega entre os máis novos, entre os obxectivos do OUFF escola tamén se encontran coñecer a visión do alumnado sobre o seu contorno sociocultural e mais impulsar o traballo en equipo. Ao mesmo tempo, búscase potenciar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra do audiovisual realizado nas aulas. De feito, esta iniciativa encádrase como ferramenta dentro da Directiva Europea de Alfabetización Mediática, que procura darlles formación aos mozos e mozas sobre o coñecemento e a avaliación do audiovisual.

Fuente: http://certo.posterous.com/cinema-mar-curta-de-soncine-do-instituto-de-p


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Petroglifos Barbanza.

Petroglifos cruciformes da Barbanza e outros temas. Estupendo traballo de Domingo Regueira Gonzalez.
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.