www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



OPINION: Galpón de Breogán (Unha oportunidade imprescindibel)
 
 Enviada o 28/09/2010 na categoría: Novas
Galpón de Breogán! (Unha oportunidade imprescindibel)

Menos mal que Pondal estivo máis ou menos atinado escollendo as ideas para o seu "queixume dos pinos", menos mal porque se na vez de Nazón de Breogán se lle pasa pola cabeza falar de galpón. Para o PSdG Galiza sería iso, o Galpón de Breogán. Grande o argumento do preámbulo...


"El himno se refiere a Asturias como Patria querida" dirán os compañeiros Asturianos. E no preámbulo se definirán como "Patria querida, Asturias de mis amores". Máis sorte correrán os Aragoneses se fan seu o Himno de Labordeta Xa que serían unha "Tierra de Libertad". E indo máis lonxe, a Constitución Española definiríase como un "Chunda Chuuunda" que é o único recoñecible do seu himno.

Somos unha nación por termos, lingua e cultura propias, por termos unha historia común, por termos unha vinculación co territorio de sangue e suor. A terra, e o mar déronnos de comer, e temos con eles unha relación de necesidade que algún chama morriña. Por termos tamén conciencia de pobo, o estatuto debera ir máis alá da "anécdota" do himno, e defenirnos como o que somos, un pobo, unha nación que quer ter conciencia do que é. U-las referencias ó recoñecemento de Galicia como Nación pola Sociedade de Nacións, predecesora da ONU? Debera figurar todo isto.

Se seguimos con eufemismos inecesarios de inferioridade, por non molestar ós compañeiros de Madrid, seguiremos sendo a mofa dos Montillas de turno.
Dito isto e ó fío da opinión de Mar Marcón, sobre a necesidade e a oportunidade do estatuto, cómpre dicir e preguntarmos sobre o momento e aplaudirmos ó unísono..

Aplausos que mandan Ferraz e todas as sedes do PSOE, por presentala dous días antes dunha folga xeral. E intentar desvia-la atención. Non era o momento, porque unha oportunidade imprescidible quer apagar outra como é a da reivindicación laboral. Porque se quera ou non, vaise apagar o debate necesario nos dous campos. Críamos que para o PsdG o estatuto debera ter a súa dignidade, e non usalo desta maneira ruín. Hoxe os xornais xa non falan del, mañá tampouco. Anestesia para o pobo, durmi-la folga, ou durmi-lo Estatuto.

Aplausos que mandan con mofa os compañeiros deputados do parlamento español. Ide facendo que xa vos diremos que non. Non pasou un mes desde a negativa á transferencia de tráfico.Pedides estatuto por un lado, e negades transferencias polo outro? Memoria.

Aplausos de todos os mariñeiros de baixura, porque se lles nega súa existencia (1142embarcacións que terán que desaparecer), cos votos cómplices do PSOE aprobando a lei estatal 9/2007. Falta poñer o acuse de recibo disto no preámbulo tamén.

E aplausos ante a "oportunidade imprescindible" de que o PsdG reforme os seus propios estatutos. Se reafirme diante do PSOE. Se arme de razóns para que o que se aprobe aquí non se desfaga en Madrid. Para ter voto própio no parlamento estatal. Para non contradecirse nas sús propias contradicións. Para que todo o bó que ten a súa proposta non quede eclipsado ...


...En definitiva para non facer de todo isto un Galpón de Breogán.

Fuente: http://voltouoxerion.blogspot.com/2010/09/galpon-de-breogan-unha-oportunidade.html


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Páxina da Pobra do Caramiñal

Páxina web oficial da Pobra do Caramiñal
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.