www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



PLACERAS DE RIBEIRA CREN QUE O ANUNCIO DO NOVO MERCADO É «ELECTORALISTA»
 
 Enviada o 28/09/2010 na categoría: Novas
INSTAN AO CONCELLO A NON FALAR MÁIS DO INMOBLE ATA QUE SE POÑA EN MARCHA A HISTÓRICA OBRA

Aínda que onte non era un día bo de praza -as vendedoras do peixe non estaban- no mercado ribeirense non deixaba de falarse dunha cuestión: o dito polo alcalde este fin de semana sobre a súa aposta por facer unha novo recinto de vendas no mesmo cerco que o actual. A opinión de varias das vendedoras é case unánime. Desconfían totalmente do anuncio feito polo Concello, e táchano de «electoralista». «Está claro, cada vez que veñen as eleccións dinnos algo para ternos contentas, e despois nada», dicía unha delas.

As placeras explican que, desde hai dúas décadas, levan oíndo que se vai a facer un novo mercado, e que polo momento o único que viron son papeis. «Planos e documentos se nos ensinaron, pero nada máis», insisten. Recordan que xa recolleron firmas en varias ocasións e instan ao Concello a non falar máis do asunto mentres non haxa algo en firme que contar: «O mellor que poden facer é non anunciar nada ata que empece a obra, porque senón o que pensamos os vendedores é que se rin de nós».

GÚSTALLES A LOCALIZACIÓN

Aínda que desconfían totalmente de que se vaia a facer a obra, recoñecen que o mellor sitio é o elixido polo Concello. é dicir, que queren quedar onde están agora. Aínda que, iso si, cren que as distintas plantas da praza deben estar mellor comunicadas porque, aseguran, agora mesmo aos clientes cústalles moverse dunhas a outras e iso fai que «as vendas de quen está no primeiro piso se resintan moitísimo».

Algunhas das placeras recordan ben toda a traxectoria do mercado. elas estaban aí cando se inaugurou, fai agora 37 anos. A partir de aí, non sen queixumes polo medio, din que foron vendo como o resto dos concellos modernizaban as súas instalacións «e Ribeira, a pesar de ter un porto de mar tan importante, ía quedando totalmente atrás en todo».

Como mostra do declive dos seus negocios aluden aos postos baleiros que hai, sobre todo, na planta superior. «A xente non aposta por isto, porque aquí os postos están a dar moi pouquiño», din. E insisten unha e outra vez en que, ou se bota man da praza, ou terán que acabar pechando as portas. O mesmo indicáronlles algunhas vendedoras de peixe, a pasada semana, aos sindicalistas que foron a animalas a facer folga mañá. «Nós, por desgraza, estamos en folga sempre, que aquí non se vénde nada», contestáronlles en máis dunha parada. O pesimismo rende na praza e, polo que parece, esta situación persistirá ata que se faga realidade o novo mercado.

Fuente: http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2010/09/28/0003_8751178.htm


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.