www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



A CANCION DA SEMANA::: FLORES EN LA CARRETERA DE JABON BLUE
 
 Enviada o 27/09/2010 na categoría: Novas
O tema da semana: FLORES EN LA CARRETERA de Jabon Blue.

Jabon Blue está formado por 5 amigos:

* Javi Maneiro “O fillo da Necha” (voz)
* Kuervo (guitarra)
* Diego “Mayor Tom” (guitarra)
* Pony (bajo)
* Marcos Otero (batería)

O seu primeiro albúm “La música va por dentro” (2006) foi gravado por Luis Rodrigo nos estudos Hispamusic (Madrid), posteriormente mezclado e producido en “Casa de Tolos” por Segundo Grandío (Siniestro Total).

Dous anos despois nace “By the White” (2008), o seu segundo disco, producido integramente en Madrid pola mesma banda e traído de volta a Galicia para colleitar novos éxitos.

Actualmente acaban de editar o seu terceiro traballo, que leva por nome “Flores en la carretera” (2010), dedicado a tod@ s os que perderon a vida na carretera. Nel contan de novo con Segundo Grandío coma produtor, ademais da colaboración de Luis Cobos dirixindo un arranxo de corda, no tema que pon nome ó disco.

Trátase de 14 cancións coidadosamente seleccionadas entre unha larga lista, para formar un album cheo de Rock and Roll, aínda que esta vez con certa influencia do Pop dos 60 e 70.

“Flores na carretera” foi gravado nos estudos “Casas de Tolo” en xaneiro de 2010 e editado baixo o selo “PAI Música”.

O grupo conta con 3 galegos, un portugués e un madrileño. Desta estraña mixtura de caracteres nace un explosivo son contundente e á desenvoltura no escenario, que fai honores ó longo camiño de varios dos seus membros.

Tan só 16 anos de carreira musical, 10 discos editados e máis de 30.000 copias vendidas unicamente en Galicia, avalan a traxectoria de Javi Maneiro (vos dos míticos Heredeiros da Crus e actual Front Man de Jabon Blue).


Non deixedes de visitala súa páxina!!!
www.jabonblue.com
http://www.myspace.com/jabonblue
-----------------------------------------------------------------------

Fuente: http://barbanzanoiacreacion.wordpress.com/2010/09/20/o-tema-da-semana-flores-en-la-carretera-de-jabon-blue/


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

BUSCADOR de festas de Galicia

Magnifico buscador de todas as festas galegas.
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.