www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



AUTOVÍA DO BARBANZA: O LUNS COMEZA O SEU REPINTADO PARA MELLORAR A SEGURIDADE VIARIA. CORTES TAMÉN POLA AUTOVÍA DE NOIA
 
 Enviada o 25/09/2010 na categoría: Novas
Medio Ambiente informa que será necesario realizar cortes nun carril do tronco da autovía, de lonxitude de 4,5 quilómetros, deixando en todo momento un carril habilitado para a circulación en cada sentido. Durante o tempo que estea cerrado ao tráfico o carril, manteranse informados aos usuarios da vía mediante os paneis de sinalización móbil

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas iniciará o luns o repintado de parte das marcas viais da autovía do Barbanza (AG-11). Os traballos, que se centrarán no repintado daquelas marcas que non cumpren os parámetros esixidos, prolongaranse ao longo de tres semanas, aproximadamente ata o 15 de outubro.
A Xunta de Galicia, para realizar o repintado, debe executar cortes dun carril no tronco da autovía, de lonxitude de 4,5 quilómetros, deixando en todo momento un carril habilitado para a circulación en cada sentido. Ademais, durante o tempo que estea cerrado ao tráfico o carril, manteranse informados aos usuarios da vía mediante os paneis de sinalización móbil.

As obras de repintado, que se enmarcan dentro do contrato de mantemento da concesionaria, levaranse a cabo na parte esquerda, xa que a zona dereita e o eixo central xa foron pintados o ano pasado.

NOIA, CONEXIÓN VÍA ALTAS PRESTACIÓNS: MARTES 5 DE OUTUBRO
Medio Ambiente rematará o martes 5 de outubro as obras de conexión da VAP Brión-Noia co tramo Brión-Gundín da autovía AG-56, Santiago-Brión

O corte para levar a cabo esta actuación comezará o vindeiro luns, día 27, ás 08.00 horas, e permanecerá ata as 12.00 horas do venres, día de 1 de outubro

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas rematará o vindeiro martes, día 5 de outubro, as obras de conexión da Vía de Altas Prestacións (VAP) Brión-Noia co treito Brión-Gundín da autovía AG-56, Santiago-Brión. Para elo procederas ea efectuar un corte que comezará o vindeiro luns, día 27, ás 08.00 horas, e permanecerá ata as 12.00 horas do venres, día de 1 de outubro. Esta incidencia estará debidamente comunicada á Dirección Xeral de Tráfico (DGT).
As tarefas que se va a executar no treito entre o enlace de Brión e a intersección de Gundín corresponden aos traballos de colocación de capas de aglomerado, pintura e sinalización da VAP Brión-Martelo.

Deste xeito, os vehículos que circulen pola autovía sentido Gundín deberán abandonar a mesma no enlace de Brión, co fin de dirixirse á estrada AC-543 cara Noia. Así mesmo, os vehículos procedentes da localidade coruñesa de Noia, co propósito de acceder á autovía na intersección de Gundín, terán que empregar á AC-543 para dirixirse ao enlace de Brión dende o que poderán entrar á autovía.

Esta situación estará sinalizada mentres dure o corte nos paneis de mensaxería variable da autovía.

Fuente: http://certo.posterous.com/autovia-do-barbanza-o-luns-comeza-o-seu-repin


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Petroglifos Barbanza.

Petroglifos cruciformes da Barbanza e outros temas. Estupendo traballo de Domingo Regueira Gonzalez.
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.