www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



UN PESQUEIRO DE MUROS RESCATOU UNHA ÁNCORA QUE PODERÍA SER DO SÉCULO XIX
 
 Enviada o 24/09/2010 na categoría: Novas
O pesqueiro de Muros “María Juana” recuperou do mar o mércores un ancora tipo almirantazgo ou de cepo, nas proximidades de Monte Louro, que podería datar do século XIX. O patrón do navío, Jaime París , sinalou que ao izar as redes de pesca notou un peso esaxerado nas mesmas, e comprobou que traía enganchada unha antiga áncora, moi deteriorada, de dúas uñas e duns cincuenta quilos de peso.
Unha vez no peirao, Jaime París puxo en coñecemento do patrón maior, Daniel Formoso, o achado mariño, para a súa custodia. Os mariñeiros que acudiron a ver a áncora afirmaban que se trata dun aparello non utilizado na actualidade e que debido ao tipo e ao estado de descomposición do ferro pode proceder de principios do século XIX.
Tanto o lugar no que apareceu, así como as características da áncora, levaron a afirmar a algúns dos presentes no peirao que o obxecto podería proceder dun galeón que se dedicase ao transporte de peixe para algunha das fábricas de salgadura muradás.

Fuente: http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2010/09/24/0003_8743313.htm


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Parque Natural de Corrubedo

Web do Parque Natural de Corrubedo. Subvencionada Consellería de Medio Ambiente. XUNTA DE GALICIA
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.