www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



MORREU ANA KIRO A CANTANTE GALEGA QUE ESPALLOU A NOSA LINGUA POLO MUNDO ENTEIRO
 
 Enviada o 24/09/2010 na categoría: Novas
MORRE ANA KIRO, A RAÍÑA DA CANCIÓN GALEGA
A arzuá, cantante, actriz e presentadora de televisión, faleceu aos 68 anos en Mera (Oleiros).

A cantante e actriz arzuá Ana Kiro faleceu ás 12.30 deste mediodía no seu domicilio de Mera (Oleiros), vítima dun cancro. A capela ardente está instalada no auditorio Gabriel García Márquez de Mera. O enterro terá lugar mañá, ás 19.00 horas.

Precisamente este foi o último esceario no que cantou a artista galega. Alí interpretou no ano 2007, durante unha multitudinaria homenaxe a toda a súa carreira, a canción Alecrín en compañía de Xosé Ramón Gayoso, o coñecido presentador de Luar.

O seu nome real era María Dolores Casanova González. Nacera na Castañeda, (Arzúa), pero a súa carreira comezou en Barcelona, onde a súa familia emigrara.

Considerada a raíña da canción galega, editou máis de trinta discos ao longo dunha prolífica carreira. Tamén foi presentadora e actriz, toda unha icona para varias xeracións de galegos que a viron en centenares de escenarios de todos os tamaños ao longo e ancho da xeografía da comunidade.
A súa carreira tamén tivo ampla repercusión máis aló de Galicia. Actuou en Europa e en América e triunfou sempre nos lugares onde a emigración galega ten ampla presenza.
-----------------------------------------------------------------------
Logo de pasar por un cancro, onte o cancro venceulle, e finou na sua casa, a caron dos seus, nestes intres as webs (TODAS) nas que recoller informazón estan todas petadas por exceso de visitas, cando podamos ampliaremos esta información.
-----------------------------------------------------------------------
Sons de Galicia
D.E.P Ana Kiro...Non só perdemos unha icona musical senon que foise unha muller galega orgullosa de selo.
Podía gustarche o seu estilo musical ou non, pero esta muller fixo moito
pola musica galega e o máis importante fixo felices a milleiros de
persoas non so no noso país, senón en todo o mundo cando lles cantaba os
emigrantes galegos....

Unha gran perda para a cultura galega.
-----------------------------------------------------------------------
Certo Xornal

Descanse en paz
---------------------------------------------------------------------
X Toni Piñeiro Dios
In memoriam
http://www.youtube.com/watch?v=mkNsJoHOUjQ
VIDEO DE YOUTUBE POSTO POLO WEBMASTER AO ENTERARSE DO PASAMENTO DE ANA
----------------------------------------------------------------------
PARROQUIA CANEDO OURENSE Hoxe facémonos eco desta triste pérdida,desta gran artista galega que tanto de ledicia nos encheu nas súas actuacións.Neste vídeo,a sú xente,en Arzúa,fíxolle unha homenaxe na que algúns compañeiros da tvg se uniron tamen.Nos,desde a Parroquia de Canedo,queremos rendirlle a nosa pequena e humilde homenaxe tamen.
-----------------------------------------------------------------------
ESTA PEQUENA ESCOLMA NON É MAIS QUE UNHA PEQUENA MOSTRA DO AGARIMO QUE SE LLE TIÑA A ANA KIRO E SON TODAS RECOMPILADAS DO FACEBOOK AO QUE É ASIDUO O ABAIXO ASINANTE NO QUE FORMA PARTE DE VARIOS GRUPOS DE DEBATE E ANALISE
-----------------------------------------------------------------------
XOHAN ANTON PIÑEIRO DIOS

Fuente: http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/index.htm e Xohan Piñeiro Dios Costaweb


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.