www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



NAZARENO VIOLETS 2010
 
 Enviada o 20/09/2010 na categoría: Novas
-Aínda non pasou o santo!

Aos asistentes á procesión do Nazareno da Pobra do Caramiñal gústalles rematar a procesión sabendo que o Santo aínda non saiu da igrexa. Se te pos no cruce de Díaz de Rábago coa Alameda, a xente mira con admiración como por diante do antigo Cine Elma pasan aínda os gaiteiros tocando a Antiga Marcha do Reino de Galicia. E o que falta de procesión por agardar. Un bo medidor é ver cantos autobuses hai aparcados no peirao novo. Este ano non había moitos. E o medidor definitivo da fe no Santo é o número de caixas. Este ano eran unha branquiña para nenos e catro para maiores. Iso si, a última estaba torneada.

-Éche de primeira categhoría! -dille un home ao outro cando a ve pasar. E fan algunha chiscadela entre eles comodamente.
-Díghoo aghora que non hai cámaras -aclara o señor. Na procesión do Nazareno o espectáculo é parte do show.

O que é impresionante, e co que se debe ter un grande respecto, é cos ofrecidos e ofrecidas. Se camiñas en silenzo nese ambiente festivo, toda esa xente está exteriorizando unha desgraza familiar ou persoal. Ás veces descúbrelas inmediatamente: un pano á cabeza dunha muller de mediana idade, un bebé de branquiño rodeado de toda a súa familia ofrecida; ás veces o doente non está presente, pero velo nestas caras violetas.

Fuente: http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2010/09/20/nazareno-violets-2010/


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

GALIWEB

Web de publicidade que incluye web`s galegas.
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.