www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



REDES SOCIAIS TWITTER RENÓVASE
 
 Enviada o 15/09/2010 na categoría: Novas
A POPULAR PLATAFORMA DE MENSAXES CURTAS PRESENTA REDESEÑO E NOVAS OPCIÓNS PARA «ENCAIXAR» CON FACILIDADE VÍDEOS E IMAXES.

A popular rede social de internet TWITTER anunciou hoxe por sorpresa unha remodelación da súa plataforma de mensaxes curtas co fin de crear unha «experiencia máis doada, rápida e rica» para os usuarios, segundo a empresa.

A compañía californiana convocou hoxe inesperadamente á prensa na súa sé en San Francisco para un evento rodeado de segredo, que volveu resucitar o RUMOR DA SÚA POSIBEL VENDA A GOOGLE, e que finalmente serviu para desvelar os segredos da nova versión

Os creadores desta rede social apostaron por un DESEÑO MÁIS SINXELO da liña de mensaxes, aínda que introducen máis información relevante asociada a cada «tweet», como coñecer máis detalles sobre o autor do texto, o lugar desde onde se enviou ou a resonancia que tivo o contido entre os usuarios.

O actualizado Twitter avanza tamén na integración dos vídeos e as fotografías dentro do seu servizo de mensaxes para que non sexa necesario abandonar a súa web (ou usar aplicacións específicas) grazas á contribución de YOUTUBE, VIMEO, TWITPIC, USTREAM OU FLICKR.

Entre as novidades figura un sistema de procura de usuarios sen necesidade de navegar pola páxina no que se inclúe a información básica asociada a esa conta, como datos biográficos ou últimos «tweets».

IMPLANTACIÓN DOS TROCOS EN DÚAS SEMANS

Os trocos presentados hoxe fixéronse accesibeis xa para un número limitado de contas e durante as próximas semanas irán chegando progresivamente a unha maior cantidade de usuarios.

Fuente: http://www.lavozdegalicia.es/tecnologia/2010/09/15/00031284538654826750834.htm


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Páxina oficial de Riveira

Páxina oficial do Concello de Riveira
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.