www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Cine: GALIZA, PROTAGONISTA NA CARREIRA CARA AOS ÓSCAR
 
 Enviada o 15/09/2010 na categoría: Novas
«CELA 211» E «TAMÉN A CHOIVA», DA PRODUTORA GALEGA "VACA FILMS", COMPITEN CON «LOPE».
NAS TRES PELÍCULAS ACTÚA LUIS TOSAR.

Dúas películas producidas en Galicia compiten por ser a elixida pola Academia para a carreira dos Óscar. Trátase da premiada e taquilleira "Cela 211", dirixida por Daniel Monzón, e da aínda non estreada de xeito masivo "Tamén a choiva", de Iciar Bollaín. As dúas foron producidas pola coruñesa VACA FILMS. Nelas e na terceira precandidata, o drama histórico "Lope", actúa o intérprete de moda no cine español, o galego LUIS TOSAR.

En declaracións a Radio Voz, desde Vaca Films Emma Lustres revelou que está case pechado o contrato para realizar en Estados Unidos un «remake» do galardoado drama carcelario protagonizado por Alberto Amman e o actor lugués.
Foi Tosar quen leu hoxe os nomeamentos sobre as que terán que decidir os académicos o 28 de setembro.

Cela 211, que obtivo oito dos 16 premios Goya aos que optaba na última edición destes galardóns, incluído mellor película e dirección, está baseada nunha novela de Francisco Pérez Gandulo e narra con crueza o motín duns presos nun cárcere do sur de España.

Na outra cinta con produción galega, a cineasta madrileña Icíar Bollaín dirixe a Gael García Bernal, Luis Tosar e Najwa Nimri na súa quinta longametraxe, Tamén a choiva. Narra a historia de dous mozos que desexan facer unha película sobre Cristóbal Colón desde puntos de vista moi diferentes.

Lope, dirixida polo brasileiro Andrucha Waddington e protagonizada por Alberto Ammann, Leonor Watling e Pilar López de Ayala é o relato sobre a mocidade dun dos dramaturgos e poetas máis relevantes do Século de Ouro, ante de que se convertese no «Fenix dos Enxeños» e o triángulo amoroso que mantén con Elena Osorio e Isabel de Urbina.

Fuente: http://www.lavozdegalicia.es/ocioycultura/2010/09/15/00031284541917528278660.htm


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Parque Natural de Corrubedo

Web do Parque Natural de Corrubedo. Subvencionada Consellería de Medio Ambiente. XUNTA DE GALICIA
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.