www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



AROUSA NORTE OFERTARÁ NO OUTONO UN PAQUETE DE ESTANZAS LITERARIAS
 
 Enviada o 10/09/2010 na categoría: Novas
TRABALLA TAMÉN NO DESEÑO DE RUTAS ADAPTADAS PARA PERSOAS INVIDENTES

Durante os meses de outubro, novembro e decembro, Arousa Norte converterase en centro de recepción duns turistas moi particulares: persoas afeccioadas á cultura e, en concreto, á literatura. E é que no outono estarán no mercado uns paquetes temáticos, cuxo contido virará ao redor de Valle-Inclán, Castelao, Dieste e Manuel Antonio .
Do que se trata é de ofrecer aos visitantes un plan de viaxe organizada, é dicir, con aloxamento, comida e actividades lúdicas. Estas serán de carácter literario. Entre as que xa están en fase de materialización atópanse rutas teatralizadas pola Pobra e Rianxo durante o día e sesións de contacontos pola noite. Tamén está previsto organizar xincanas con xogos e probas, iso si, vinculados cos escritores barbanzons.
Sen determinar están aínda as datas que se porán a disposición dos destinatarios potenciais destas estanzas literarias. En principio, está previsto que sexan os fins de semana, pero é probabel que abarquen tamén algún día laborabel.
O que se deixou craro por parte da mancomunidade é que non se trata dun paquete dirixido a especialistas do ámbito cultural, senón todo o contrario. Os principais destinatarios son as familias e os grupos de estudantes.
A xerente de Arousa Norte, Fátima Rodríguez, deu onte conta da situación deste proxecto aos alcaldes de Barbanza, no transcurso dun pleno que tivo lugar en Boiro. Anuncioulles que o martes haberá unha reunión cos empresarios do sector turístico, na que se lles informará do tema e tratarase de acordar uns menús específicos: «Ou obxectivo é estandarizar os prezos para as diferentes tipoloxías de aloxamentos, tal e como se fixo con outras iniciativas deste tipo».

PLAN DE ADAPTACIÓN

O mesmo martes, os empresarios barbanzons recibirán a visita de persoal da empresa Vía Libre, que depende da Fundación ONCE. Estes técnicos serán os encargados de asesorar aos responsabeis de hoteis, restaurantes e negocios de lecer sobre a adaptación da súa oferta a persoas con discapacidade visual.
Este é o segundo paquete turístico no que está a traballar o persoal da mancomunidade, co obxectivo de que tamén estexa no mercado no outono. Antes, os empresarios interesados en sumarse á iniciativa teñen que recibir formación sobre como deben adecuar os seus locais no que a eliminación de barreiras refírese ou como deben tratar e recibir a este colectivo de turistas.
Arousa Norte tamén pretende acordar o martes cos técnicos de Vía Libre as visitas que poden incluírse nestes paquetes: «A nosa idea é ofertar as mesmas rutas que hai agora, pero adaptándoas aos invidentes, é dicir, potenciando ou seu carácter sensitivo», explicou Fátima Rodríguez. A xerente considera que, por exemplo, a ruta do mexillón pode ser perfectamente compatible con este proxecto.
Para completalo, a mancomunidade editará material turístico en braille e potenciará o uso das audioguías.

Fuente: http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2010/09/10/0003_8717095.htm


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Festa Vikinga de Catoira

Páxina web da Festa Vikinga en Catoira
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.