www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



RIBEIRA DARA CABIDA A UN "CASTING" PRA UN DOCUMENTAL
 
 Enviada o 10/09/2010 na categoría: Novas
Unha oportunidade de cine, concretamente documental. Iso ofrecerá o casting que terá lugar mañá en Ribeira e que ten como obxectivo atopar a máis dun cento de figurantes para a rodaxe da cinta "O legado celta."

Trátase dunha oportunidade aberta a todos os veciños, que lles permitirá participar nun proxecto que recreará a época celta en Barbanza. A firma convocante é a produtora Alén Films e o lugar no que realizará esta proba o ribeirense Ateneo Vale-Inclán. O horario será de 10.30 a 19.30 horas.

Segundo apuntaron dende a empresa, o perfil que buscan é preferentemente de homes, con idades comprendidas entre os 16 e os 70 anos. Ademais, sinalaron que prioritariamente se requirirán a actores con barba, pelo longo, bigote e ata algún coa cabeza rapada. Os motivos que responden a este aspecto físico baséanse na intención de recrear esceas que se correspondan o máximo posible coa época celta. Para iso, os barbanceses que se presenten a este casting terán que desposuírse de complementos como pírsines e pendentes, que encaixan cunha estética máis contemporánea.

DATAS DA RODAXE

O documental rodarase neste mes de setembro, concretamente entre os días 16 e 25, sendo os localizacións diferentes zonas dos municipios de Porto do Son e Ribeira, como o caso de Couso.

As persoas ás que atraia esta proposta non necesitarán solicitar de forma previa unha cita, simplemente deberán acudir á sede do Ateneo, que se atopa na Praza Compostela, número 11, na segunda planta do café-bar Praza.

Fuente: http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2010/09/10/0003_8717099.htm


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Páxina web oficial de Carreira

Páxina web oficial da Parroquia de Carreira
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.