www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



CESAMENTO DO FOGO DE ETA
 
 Enviada o 05/09/2010 na categoría: Novas
A BANDA TERRORISTA ASEGURA NUN VÍDEO ENVIADO Á CADEA “BBC” E AO DIARIO «GARA» QUE NON «LEVARÁ ACABO ACCIÓNS MILITARES» NA SÚA CAMPAÑA POLA INDEPENDENCIA.

A organización terrorista ETA anunciou un cesamento do fogo. A organización terrorista asegura que non levará «a cabo accions armadas ofensivas» na súa campaña pola independencia, nun vídeo remitido á cadea BBC e ao diario Gara.
No vídeo, o grupo afirma que tomou a decisión hai varios meses a fin de «pór en marcha un proceso democrático», pero non precisa se o cesamento do fogo terá carácter temporal ou permanente.
Na declaración, a banda terrorista asegura que «se o Goberno de España ten vontade, ETA está disposta, hoxe igual que onte, para acordar os mínimos democráticos necesarios para emprender o proceso democrático».
Na gravación, ETA sinala que o prezo da súa difícil loita foi a supervivencia do País Vasco, pero afirma que pagou un prezo moi alto, «con torturas, prisión, exilio e tamén morte».
Pide aos activistas políticos vascos que actúen con responsabilidade, e que é necesario tomar pasos firmes como pobo a fin de alcanzar o proceso democrático. «Porque a porta para unha solución real do conflito quedará aberta cando os dereitos do País Vasco sexan recoñecidos e ratificados», indica o comunicado.
No pasado, ETA -responsable de máis de 820 mortes na súa campaña de violencia en corenta anos- declarou dúas treguas, pero ambas foron posteriormente levantadas.
O anuncio da banda terrorista, de confirmarse, chega nun momento no que tanto Batasuna como EA pediron un cesamento do fogo permanente e con «verificación internacional».

Fuente: http://www.lavozdegalicia.es/portada/2010/09/05/00031283681395039973957.htm


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Costa de Compostela

Páxina onde podemos encontrar tódalas empresas relacionadas co turismo do Barbanza
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.