www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Medio Ambiente: Adega critica con dureza ao conselleiro Juárez pola súa intención de adaptar o Plan de Ordenación de Recursos Naturais (PORN) para "máis cemento e ladrillo" en Corrubedo
 
 Enviada o 31/08/2010 na categoría: Novas
A asociación ecoloxista Adega emitiu onte un comunicado no que critica duramente ao actual conselleiro de Medio Ambiente, Samuel Juárez, polas súas declaracións e intencións sobre o parque natural de Corrubedo. Como é habitual en Certo, transcribimos de xeito íntegro o dito por Adega:

"As recentes declaracións do conseleiro de Medio Rural na súa visita ao Parque Natural de Corrubedo son algo máis que preocupantes: primeiro pola súa intención (aínda intención?!) de redactar un novo PORN (Plan de Ordenación de Recursos Naturais) consonte á Lei 42/2007 de Protección do Patrimonio Natural e a Biodiversidade; pero sobre todo pola súa pretensión de “adaptar” a normativa do parque á recente Lei do Solo 2/2010 coa intención de “satisfacer a importante demanda veciñal relacionada con cuestións construtivas na contorna do Parque”, para o que propón a redacción dun “plan especial urbanístico que defina en detalle o réxime de usos e que evite así o actual, lento e complicado trámite administrativo individualizado que debe seguir cada proposta urbanística”. Pois nada: no Ano Internacional da Biodiversidade, Juárez e García-Borregón receitan máis cemento e ladrillo para Corrubedo.

Non cabe dúbida de que o PORN de Corrubedo necesita dunha posta ao día para adaptalo á evolución que a normativa ambiental e de conservación ten experimentado dende 1992 (Directiva 92/43/CEE, Lei 9/2001 de Conservación da Natureza de Galiza, ou Lei 42/2007, do Patrimonio Natural e a Biodiversidade), pero sobre todo para incorporar os novos coñecementos, máis detallados e rigorosos, sobre a súa biodiversidade, establecendo por exemplo, un corredor coa parte norte do LIC o que sen dúbida levaría ampliación do parque.

O que resulta sorprendente, eticamente escandaloso e legalmente inaceptábel é que todo un conselleiro de Conservación (as competencias están agora en Medio Rural) poida chegar a propoñer que o PORN dun espazo protexido teña que adaptarse ás disposicións do planexamento urbanístico. Para que entón unha declaración de parque natural se as súas directrices e obxectivos de conservación van quedar supeditadas aos intereses do cemento e do ladrillo? E isto é tanto máis sorprendente porque falamos dun parque natural cun medio físico extremadamente sensíbel e unha biodiversidade de hábitats e especies realmente únicos, en tan só 996 ha, das que boa parte son domino Público Marítimo Terrestre e 982 ha Humidal Protexido.

Unha proposta tan delirante é evidente que só pode vir de quen considera que a conservación da biodiversidade só obedece a razóns de estética política, para lucir no DOG e sen nada a ver coa supervivencia da vida e de nós mesmos sobre o planeta; ou de quen ademais, dende a súa prepotencia, non ten escrúpulos en descoñecer e “amañar” a legalidade vixente até onde faga falla para beneficio de amigos e especuladores do cemento e o ladrillo.

A respeito da necesidade de conservar a biodiversidade, cómpre recordarlle aos Sres. Juárez e García-Borregón, precisamente neste Ano Internacional da Biodiversidade, o que di o mesmo preámbulo do Convenio Internacional sobre biodiversidade (Rio de Janeiro, Xuño 1992): “a conservación e a utilización sustentábel da diversidade biolóxica tén unha importancia crítica para satisfacer as necesidades alimentarias, de saúde e doutra natureza da poboación mundial en crecemento”. De ningunha maneira, pois, pode ser tratada a biodiversidade coma un capricho estético para consumo de ecoloxistas.

E a respeito da prevalencia da conservación sobre o planexamento urbanístico, un Conselleiro con competencias en Conservación da Natureza debera saber que non son os Planos de Ordenación de Recursos Naturais (PORN) dos espazos protexidos os que teñen que someterse ao planeamento urbanístico, senón todo o contrario. Así o dispón a Directiva Hábitats da Unión Europea e así o teñen incorporado á legalidade estatal e autonómica, tanto a Lei 9/2001, de Conservación da Natureza de Galiza, como a Lei 42/2007, do Patrimonio Natural e a Biodiversidade: “Os Planos de Ordenación dos Recursos Naturais a que se refire esta Lei prevalecerán sobre calquer outro instrumento de ordenación territorial ou física, constituíndo as súas disposicións un límite para este e as súas determinacións non poderán alterar ou modificar aquelas e aplicaranse, en todo caso, prevalecendo sobre os instrumentos de ordenación preexistentes”. (Lei 9/2001. Artigo 6.3)

Click to view large
Download this gallery (ZIP, undefined KB)
Download full size (182 KB)

2. Cando os instrumentos de ordenación territorial, urbanística, de recursos naturais e, en xeral, física existentes resulten contraditorios cos plans de ordenación dos recursos naturais deberán adaptarse a estes. Mentres esa adaptación non teña lugar, as determinacións dos plans de ordenación dos recursos naturais aplicaranse, en todo caso, prevalecendo sobre eses instrumentos.

3. Así mesmo, os plans de ordenación dos recursos naturais serán determinantes respecto de calquera outra actuación, plan ou programa sectorial, sen prexuízo do que dispoña ao respecto a lexislación autonómica. As actuacións, plans ou programas sectoriais só poderán contradicir ou non acoller o contido dos plans de ordenación dos recursos naturais por razóns imperiosas de interese público de primeira orde, caso en que a decisión deberá motivarse e facerse pública.” (Lei 42/2007. Artigo 18)

Así pois, Sr. Conselleiro, non é o PORN do Parque Natural de Corrubedo o que ten que adaptarse ao planexamento de Ribeira, senón ao contrario, é este o que terá que adaptarse ás orientacións e disposicións daquel. Se estas non son as premisas e directrices da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, mellor é que renuncie ás competencias en materia de conservación: nada bo poden agardar os nosos espazos protexidos, a nosa Rede Natura, os nosos parques naturais, a nosa biodiversidade dun conselleiro que, con tais declaracións, non só amosa a súa pouca sensibilidade ambiental, senón descoñecer e carecer de vontade para aplicar a legalidade vixente.

De ningunha maneira, Sr. Conselleiro, podemos aceptar máis retrocesos na protección dos nosos espazos naturais; de ningunha maneira podemos aceptar que estes volvan a ser espazos para a especulación. Cando quedan apenas uns meses para presentar os Plans Especiais de Conservación da Rede Natura que esixe a Directiva Hábitats, é tempo xa de termos os Planos de Ordenación que os espazos protexidos necesitan para garantir a conservación da súa biodiversidade.

Os espazos naturais protexidos poden ser oportunidades de mellora na calidade de vida da poboación residente, se se acompañan dos seus específicos planos de compensacións, de indemnizacións e de desenvolvemento sustentábel, mais nunca poden supeditarse a outros intereses que non sexan os da preservación da súa biodiversidade e do noso patrimonio natural".

Fuente: http://certo.posterous.com/medio-ambiente-adega-critica-con-dureza-ao-co


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

GALIWEB

Web de publicidade que incluye web`s galegas.
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.