www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



MITOS: OS ESPIRITOS NAS CRENZAS GALEGAS
 
 Enviada o 29/08/2010 na categoría: Novas
O pobo galego creu, e aínda cre, nestes xenios misteriosos por influxo dos cales, segundo sexan bos ou malos, se desexa ou se teme algo. Deste xeito, os campesiños teñen por certo que o espacio, os camiños, as casas, as augas, os montes, as fragas e as corredoiras están poboados deses fillos da noite que, entre as sombras, camiñan errantes como as nubes, lixeiros coma o pensamento e fuxidíos coma o lóstrego.

Os espíritos que forman o mundo da nosa mitoloxía popular nacen da lenda segundo a cal cando os anxos rebeldes foron expulsados do Ceo, a Virxe intercedeu por unha lexión deles que xa ían camiño de ser sepultados nas profundidades do inferno, e que na caída ficaron suspendidos na terra, no aire e nas augas, onde proseguen vagando invisibles para nós.

Eses espíritos indultados pola intervención da Nai de Deus son, segundo di Murguía, os seguintes:

Espíritos da casa: as almas, o canouro, o diaño, o tangomango e o tardo.

Espíritos do aire: os nubeiros e os tronantes. O nubeiro é unha especie de trasno ou espírito maligno, morador dos aires, a quen a mitoloxía popular atribúe o poder de produci-la treboada e dirixi-los raios, máis esta ultima función é mais propia dos tronantes.

Espíritos das augas: as donas, as lavandeiras, as sereas e as virxes.

Espíritos da terra: as damas, as doncelas, as fadas, o meigallo, o trasno, os encantos e os vedoiros.

Espíritos dos antros: as lumias, as ouvas, os mouros e os negrumantes.

Espíritos dos campos e das fragas: a compaña, a estadea, o canouro e a pantasma.
Algúns destes axentes fantásticos, fillos todos do delirio, dos pesadelos ou do medo do pobo, danlle vida a outros seres intermedios, comunicándolles poder para o ben e para o mal. Uns son riseiros e ledos, outros, pola contra, representan o mal e o pecado, como as meigas chuchonas; outros, por fin, son a síntese da bondade e dos beneficios; e todos ou case todos acadan no maxín das xentes sinxelas personificación propia de seres materiais e activos, podendo dicirse certamente que os espíritos constitúen o ambiente do marabilloso aire que se respira na vida rural galega.

O animismo: Na acepción aldeá, máis mítica ca científica, o que atinxe á concepción do mundo substánciase en que o home vive envolto en forzas misteriosas e en que seres invisibles poboan o aire, os ríos, as fontes, as furnas e as corredoiras, sobre todo polas noites; seres que andan a carón da xente no curral, no sobrado, na corte, na eira e en tódalas súas angueiras.

As xentes campesiñas teñen por encantados moitos lugares, como as covas, as furnas, as mámoas, os pardiñeiros dos vellos castelos derrubados, etc., que supoñen mansións de misteriosos seres ou de apocalípticos males en repouso. A dúas leguas de Lugo, preto de Francos, hai dúas penas que separan un camiños que os moradores da comarca non se atreven a quebrar pois teñen por certo que están encantadas: unha chea de ouro, e outra, de alcatrán; e se esta se barrenase a fin de obte-las riquezas que se supón que contén incendiaríase toda a contorna. Esta crenza existe con lixeiras variantes noutras comarcas galegas.

Fuente: http://biblioteca.fillos.org/2004/03/01/mitos-e-cosmovision-os-espiritos-nas-crenzas-galegas/


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Visita a fraga do Triskel

Páxina web da taberna o Triskel en Ribeira
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.